«Non queremos un proxecto que hipoteca a nosa vida e a de futuras xeracións»

Publicado por Plataforma Veciñal de Samieira o sábado, xullo 21, 2012

Os veciños lamentan que «en ningún momento se falou coas familias que terán que soportar esta actividade nociva»

Redacción Diario de Pontevedra | Marina Abilleira, Poio 21.07.2012

«Fai máis dunha semana que os veciños coñecemos esta noticia por fontes extraoficiais. Levamos mobilizándonos desde que o sabemos porque estamos totalmente en contra deste proxecto destrutor que deixará un futuro peor para os nosos fillos».