Tres representantes dos veciños reuniranse co alcalde de Poio

Publicado por Plataforma Veciñal de Samieira o mércores, xullo 25, 2012
Redacción Plataforma Non á Depuradora en Samieira | Samieira 25.07.2012

Os veciños de Samieira reunidos en asemblea decidimos as medidas que tomaremos nos vindeiros días ante o proxecto de construción da EDAR Poio-Sanxenxo en Samieira.

Primeiro, o xoves pola mañá, as 3 persoas elixidas de entre a veciñanza para representar o pobo ante as administracións implicadas (Jose Carlos González, María Jesús Maquieira e Beatriz Otero) irán ao Concello de Poio para reunirse co alcalde Luciano Sobral. Búscase con esta acción presión para que se den explicacións sobre o actuar da administración local e recabar toda a información de que dispoña o organismo.

Segundo, estas mesmas persoas entregarán no rexitro municipal unha convocatoria dirixida a todos os grupos políticos con representación municipal para que os seus portavoces acepten participar nunha asemblea veciñal que se celebrará este venres 27 ás 21,00h novamente na Casa do Pobo.

Queremos que o Concello de Poio explique claramente cal é a situación actual do proxecto e cal será a posición que tomará a institución, así como as distintas agrupacións políticas, ante o rexeitamento veciñal.

NON! Á DEPURADORA EN SAMIEIRA!