Samieira lembra con 2.349 sinaturas o seu ´non á depuradora´

Publicado por Plataforma Veciñal de Samieira o martes, novembro 20, 2012

Os veciños presentan hoxe as rubricas no Concello e a Xunta e esixen máis información sobre as localizacións alternativas

Redacción Faro de Vigo | Marcos Quintas, Pontevedra 20.11.2012

Os veciños de Samieira reafirman hoxe a súa negativa á construción da depuradora para lembrar ás administracións implicadas no proxecto tanto a súa rotunda oposición como a promesa de desterrar a idea e buscar localizacións alternativas. Para iso presentan un total de 2.349 firmas de apoio no rexistro municipal e tamén na sede da Xunta en Pontevedra. Ademais, confían en obter novas informacións sobre esa procura de novo emprazamento.

"Seguiremos demandando unha solución definitiva e apartada da contorna de Caeiro-Laño e do núcleo de poboación de Samieira", reiteraban onte desde a plataforma que loitou durante os últimos anos para frear o proxecto. Será esta mañá cando o tres veciñas que se ocuparon da recollida de firmas "porta a porta" entreguen o documento que testemuña todos estes proxectos. Desde a asociación mostran o seu "agradecemento a estas mulleres de 70 anos de media que realizaron un esforzo encomiable de valentía e xenerosidade". Unha acción que se desenvolveu durante varios meses e que amplía a lista de iniciativas realizadas para obrigar á procura doutras opcións.

Concello e Xunta comprometéronse a iso. Pero "mentres non se tome unha decisión firme e responsable sobre un lugar adecuado", por parte dos afectados "non se considerará haxa solución definitiva". Por iso agora están pendentes de que Luciano Sobral lles detalle que avances houbo. No último encontro, desde o Concello e a Xunta acordaron que a depuradora xa non se construiría na controvertida elección. Pero desde a Administración autonómica instaron ao Concello a que atopase e acordase un novo emprazamento. "Segundo a resposta que teñamos das administracións competentes decidiremos intensificar ou non as nosas accións", advirten.

Ao longo dos dous últimos meses desde a plataforma atopábase en compás de espera. Despois daquela reunión e ante a proximidade das eleccións galegas decidiron dar unha marxe de tempo para que se empezasen a concretar eses compromisos. É agora cando deciden retomar as súas accións para evitar que as institucións non se esquezan da promesa.

Fonte: Xornal Faro de Vigo. Artigo orixinal:  Samieira lembra con 2.349 sinaturas o seu ´non á depuradora´

Categorías: ,