Limpeza reivindicativa na praia do Laño

Publicado por Plataforma Veciñal de Samieira o sábado, xuño 08, 2013
Redacción Pontevedra Viva | Óskar Viéitez - Pontevedra 08.06.2013

A Plataforma Non a depuradora en Samieira, participou este sábado na segunda Limpeza simultánea de praias organizada por ADEGA con motivo do Día Mundial dos Océanos.

Diferentes grupos de toda Galicia, centros de ensino, escolas de surf, centros de mergullo, clubes de piragüismo, vela, asociacións de todo tipo ou grupos de particulares estaban chamados a limpar as praias e denunciar la contaminación ambiental.

A actividade comezou ás 18.00 horas. O tempo deulles un respiro mentres fixeron a limpeza. Retiraron arredor de 50 quilos de lixo de todo tipo: redes, bolsas de plástico, tapóns, botellas...

Ao inicio explicaron a finalidade deste evento reivindicativo, "por un lado, facer ver o importante que é para nós, os veciños, o noso entorno e este espazo privilexiado do noso pobo en particular, e por outro, dicir claramente que non estamos de acordo co seu deterioro social e ambiental".

"A zona, dende hai case un ano, está ameaza por un proxecto nocivo, molesto e insalubre, o da EDAR, que de materializarse terá un impacto irreversible sobre esta contorna natural, contaminación visual, sonora e olfativa entre outras consecuencias", dixeron desde a Plataforma.

Fonte: Xornal Dixital Pontevedra Viva. Artigo orixinal: Limpeza reivindicativa na praia do Laño