A depuradora que contamina

Publicado por Plataforma Veciñal de Samieira o domingo, febreiro 15, 2015
Redacción La Voz de Galicia | Eugenio Giráldez, Pontevedra 15.02.2015

«Saben cal é o colmo dos colmos? Unha depuradora que contamina». Pero non é chiste, senón unha contundente realidade. Para severo desgusto das mariscadoras da Confraría de Lourizán, que non dan crédito. O que contamina, esta vez, non é Ence nin outras industrias, senón simple e sinxelamente a propia Estación Depuradora de Augas Residuais (EDAR) de Praceres. Por tanto, contamina unha instalación chamada a evitalo. Todo un disparate, unha broma pesada, máis ben macabra á vista dos danos inflixidos nunha zona onde se traballaba desde hai anos en recuperar un banco marisqueiro. Parece ser que a orixe do escape foi a xenial decisión de baleirar depósitos para realizar traballos de mantemento da EDAR. Imos, o que poderiamos chamar un sentinazo pero desde terra!

Denuncia

É tal o cabreo das profesionais do sector extractivo que anunciaron que acudirán á vía xudicial a reclamar danos e prexuízos á estación depuradora e á Administración tutelante, que resulta ser a Xunta de Galicia. O máis chocante deste episodio é que ocorreu só unhas horas despois da visita da ministra do ramo, Isabel García Tejerina, quen, a pé de praia, escoltada por unha nutrida representación da Xunta e doutras institucións provinciais e locais, acababa de reclamar respecto e coidado para a riqueza marisqueira das nosas rías. Pois vaia co exemplo da Administración!

Fonte: Xornal La Voz de Galicia. Artigo orixinal: Este texto forma parte dun artigo máis amplo sobre o poboado do Vao e a EDAR dos Praceres (última parte): Derribas con sordina.