Sanidade desaconsella o baño na praia do Laño ao detectar contaminación de fecais

Publicado por Plataforma Veciñal de Samieira o domingo, xullo 27, 2014

A medida, que non implica unha prohibición expresa, manterase polo menos até mañá luns

O areal chegou a precintarse á primeira hora pero despois permitiuse o acceso

Redacción Faro de Vigo | N. Davila, Pontevedra 27.07.2014

A praia do Laño, en Samieira, permanece desde onte acoutada con carteis que desaconsellan o baño nas súas augas despois de que a Consellería de Sanidade detectase un aumento dos episodios contaminantes no areal por coliformes (fecais). Aínda que a orde sanitaria non prohibe expresamente o baño, a praia apareceu na mañá de onte precintada con cintas que impedían o acceso, aínda que pouco despois retiráronse esas barreiras e foron substituídas polos carteis coa recomendación de non bañarse.

Estas medidas causaron onte notable malestar entre os usuarios do areal, que criticaban non só a existencia de contaminación no lugar senón tamén que "sempre sexa a mesma". Tamén había enfado pola confusión á hora de determinar a situación sanitaria, aínda que moitos deles optaron por meterse igualmente na auga xa que non estaba prohibido facelo.

O alcalde de Poio, Luciano Sobral, lamentaba onte o aumento do índice de coliformes na praia e expresaba a súa confianza en que mañá luns puidese resolverse esta situación. Segundo os seus datos, as análises de Sanidade que detectaron que o nivel de fecais estaba por encima dos 1.500 (barreira a partir da que se desaconsella o baño) realizáronse o pasado día 22, martes, pero até onte non foron comunicados. Aínda que os controis repítense sistematicamente cada quince días, en casos como este, estaba previsto realizar novos exames da auga onte mesmo, aínda que se estima que até mañá non se coñecerán os resultados, polo que os carteis permanecerán na praia todo ooi fin de semana.

Sobral sospeita que a auga para realizar as análises recolleuse nun pequeno regato que desemboca nun extremo da praia e en cuxa canle existe un aliviadoiro dun bombeo do saneamento. "Pudo ocorrer que se recolleu a auga nun momento de carga, de aí estes resultados anómalos", sinala o alcalde, aínda que admite que se trata "tan só dunha hipótese sen conformar".

O programa de control da calidade das augas por parte de Sanidade realízase en 15 praias de Poio e a do laño foi, polo momento, a única afectada por este problema. O PP, pola súa banda, ten previsto pedir explicacións o vindeiro martes no pleno municipal. O seu portavoz, Angel Moldes, destacou a "sorpresa" dos usuarios "porque a praia fose precintada primeiro e desprecintada despois, polo que queremos saber quen deu a orde de pechar o areal e os motivos para iso".

Fonte: Xornal Faro de Vigo. Artigo orixinal:  Sanidade desaconsella o baño na praia do Laño ao detectar contaminación de fecais
Categorías: