Sobral non aceptará unha depuradora na zona

Publicado por Plataforma Veciñal de Samieira o xoves, xullo 31, 2014
Redacción Faro de Vigo | Alexandre Davila, Poio 31.07.2014

Ante as insinuacións dos veciños de Samieira de que as verteduras da praia de O Laño son parte dunha estratexia de desprestixio da zona para así poder instalar alí a depuradora de augas de Poio-Sanxenxo, o alcalde Luciano Sobral non ve mala fe por parte da consellería nos resultados das análises xa que cre que os malos datos débense a algo puntual.

Aínda así Sobral desmárcase totalmente de que o Concello poida ter algo que ver nisto, pois "só queremos pór en valor ao municipio", o que inclúe a Samieira e , por extensión, a O Laño.

Non obstante o alcalde poiense ten moi claro que de ser certas estas insinuacións, non van contar en ningún caso coa aprobación municipal xa que a súa postura mantense firme en canto á localización da depuradora.

O goberno local entende que esta depuradora é necesaria e sería de gran importancia para o municipio, pero oponse firmemente a que se sitúe na Samieira, entre as praias de O Laño e O Caeiro.

Sobral afirmou que o seu grupo de goberno é partidario de defender a proposta inicial de construír a EDAR nos terreos que no seu momento adquiríronse xunto ao Concello de Sanxenxo na Granxa, ao final da parroquia de Raxó, pero xa na localidade veciña.

Fonte: Xornal Faro de Vigo. Artigo orixinal:  Sobral non aceptará unha depuradora na zona