As novas análises en O Laño volven ser excelentes

Publicado por Plataforma Veciñal de Samieira o martes, agosto 12, 2014
Redacción Faro de Vigo | A.D., Poio 12.08.2014

O Concello de Poio xa ten no seu poder a táboa de resultados das análises nas augas da praia de O Laño, en Samieira.

Nesta quinta análise o resultado das augas foi excelente, e así o reflicte a táboa que pode ser consultada no taboleiro informativo do propio areal.

A pesar diso, e por normativa europea, a praia deberá seguir mantendo o cartel de recomendación de non bañarse debido aos altos índices en fecais rexistrados na análise anterior.

En relación á investigación que o concello está a levar a cabo para descubrir o motivo deses malos resultados, o rexedor local, Luciano Sobral, recoñece que na análise que se realizou nos arroios que desembocan na praia, descubríronse restos de fecais.

Aínda que aclara que estes índices non son elevados e están dentro do permitido, isto demostra que si existe algunha filtración ao citado arroio, pois estes índices nada teñen que ver co bombeo.

Fonte: Xornal Faro de Vigo. Artigo orixinal:  As novas análises en O Laño volven ser excelentes