O Concello segue sen coñecer os resultados da proba realizada en O Laño

Publicado por Plataforma Veciñal de Samieira o domingo, agosto 03, 2014

Aquagest aínda non deu resposta á análise das augas do regato e do mar

Redacción Faro de Vigo | Redacción, Poio 03.08.2014

O Concello de Poio segue á espera dos resultados da análise realizada nas augas de O Laño. Recolléronse diferentes mostras de auga no mar e o os diferentes regatos que desembocan no mar.

Sobral tachou de "despropósito" a obrigación de manter o cartel de recomendación de non bañarse posto que a última análise oficial deu como resultado que as augas do areal de Samieira eran "excelentes".

O edil quixo quitar dramatismo ás declaracións do PP que alertaban dun posible peche total da praia no caso de que se repetisen outra vez os altos índices en fecais. Sobral dixo que as palabras do portavoz do PP de Poio, Angel Moldes, eran "alarmistas e pouco serias" xa que a situación en O Laño non vai nesa liña.

Fonte: Xornal Faro de Vigo. Artigo orixinal:  O Concello segue sen coñecer os resultados da proba realizada en O Laño