Ningunha partida específica para a depuradora de Raxó e Samieira
Publicado por Plataforma Veciñal de Samieira o martes, outubro 21, 2014
Redacción Diario de Pontevedra | Redacción, Poio 21.10.2014
No apartado dos proxectos esquecidos atópase, un ano máis, o da depuradora que debería dar servizo a Raxó e Samieira, no municipio de Poio. No medio dunha dificultade patente para atopar unha localización que non suscite oposición veciñal, a EDAR xa quedou sen consignación orzamentaria o ano pasado. No exercicio de 2015 tampouco existe unha partida específica, aínda que si figura dentro da memoria de Augas de Galicia no apartado dos proxectos aos que se destinarán os fondos Feder. Aí tamén figuran, dentro das melloras en saneamento da ría de Pontevedra, a ampliación da depuradora de Praceres ou actuacións xenéricas en Sanxenxo e Marín.
A única partida concreta asignada ao concello de Poio é unha de 89.208 euros do programa de acceso á vivenda do Instituto Galego de Vivenda e Solo, aínda que o equipo de Goberno descoñecía onte a que se refería exactamente.
Dentro da comarca de Pontevedra, hai unha partida de 50.000 euros para o novo instituto de Soutomaior e outra de 860.000 para a mellora do abastecemento da Lama e Antas, na Lama .
Xa en pártea Norte da provincia, A Estrada recibirá 2.425.000 euros para as novas instalacións xudiciais, e Cerdedo 950.000 euros para a nova ETAP.
Fonte: Xornal Diario de Pontevedra. Artigo orixinal: Ningunha partida específica para a depuradora de Raxó e Samieira

Categorías: Novas Prensa