O Concello de Poio reunirase con Augas para abordar a construción da EDAR

Publicado por Plataforma Veciñal de Samieira o xoves, outubro 02, 2014

O alcalde indicou que se porá en contacto co organismo da Xunta e cos colectivos do municipio ao longo da próxima semana para retomar o proxecto da depuradora

Redacción Diario de Pontevedra | Redacción, Poio 02.10.2014

Tras a polémica xerada pola celebración do foro sobre a Edar convocado polo PP de Poio, o alcalde, Luciano Sobral, anunciou onte que se porá en contacto con Augas de Galicia para manter unha reunión cos responsables ao longo da próxima semana e para abordar a construción da depuradora no municipio.