O PP de Poio acusa a Sobral de ´mentir´ con fins electorais

Publicado por Plataforma Veciñal de Samieira o xoves, outubro 23, 2014
Redacción Faro de Vigo | Redacción, Poio 23.11.2014

O PP de Poio tachou de "electoralista" as reunións organizadas polo alcalde do municipio, Luciano Sobral, nas que defendeu a idoneidade de Pampaído, nos termos municipais de Sanxenxo, ante os colectivos poienses. Os populares lembran a "imposibilidade" de instalar a Edar noutro sitio que non sexa dentro do concello.

"Dicir que Pampaído é a solución para a instalación da depuradora é igual a non dicir nada", indicaba o portavoz popular Angel Moldes, que considera "unha falta de respecto" para os colectivos. Acusou a Sobral de "mentir" aos veciños dado a "imposibilidade" de instalar a Edar no lugar.

Moldes lembrou ao alcalde que o concello "non teñen competencias para situar a depuradora no municipio de Sanxenxo", unha posibilidade que xa descartara Augas de Galicia nunha reunión na que estaba presente Sobral. Nese punto, lembrou que foran o BNG e PSOE sanxenxinos os que máis se opuxeron" a que se instalase a Edar no seu municipio.

Desde o PP lembran a dispoñibilidade por parte dos técnicos de Augas de Galicia para buscar unha localización adecuada para a depuradora en Poio e piden a Sobral "que deixe de xogos de estratexia política". Acúsano de tentar evitar un novo conflito social como o de Samieira, no que os veciños se mostraron en contra da localización da Edar na súa parroquia, para "evitar o seu desgaste político".

"De non facer nada haberá consecuencias moi graves para a nosa ría, pondo nun aperto ao sector marisqueiro e turístico", finalizaba Moldes.

Fonte: Xornal Faro de Vigo. Artigo orixinal:  O PP de Poio acusa a Sobral de ´mentir´ con fins electorais