O goberno local fixa para o día 19 a reunión veciñal sobre a localización da depuradora

Publicado por Plataforma Veciñal de Samieira o mércores, novembro 12, 2014
Redacción Faro de Vigo | D. Guimarey, Poio 12.11.2014

Os colectivos, asociacións veciñais e comunidades de montes tratarán co Concello a situación da depuradora. O goberno local atenderá aos representantes nunha reunión que se celebrará o vindeiro mércores día 19 ás 20 horas no salón de plenos da casa consistorial. No encontro, o alcalde, Luciano Sobral, exporá as xustificacións técnicas indicadas por Augas de Galicia no encontro que se desenvolveu o pasado venres.

Deste xeito, o alcalde indicará os motivos polos que a Xunta descarta a localización de Pampaído como zona para situar a Edar. Segundo Sobral, o rexeitamento social sería determinante na decisión de Augas de Galicia. Nese sentido, a propia alcaldesa de Sanxenxo, Catalina González, fixo público en varias ocasións que o seu municipio non albergará a depuradora de Poio.

Deste xeito, tratarase de tentar acordar un sitio. A segunda opción do concello sería nunha zona alta con respecto ao nivel do mar. O problema desta posibilidade estaría no encarecemento da xestión da planta, que podería repercutir nun 50% no recibo dos veciños polo servizo.

Fonte: Xornal Faro de Vigo. Artigo orixinal:  O goberno local fixa para o día 19 a reunión veciñal sobre a localización da depuradora