O Concello de Pontevedra celebra que Bruxelas "tome cartas no asunto" pola deficiente depuración de augas da Ría

Redacción Pontevedra Viva | Redacción, Pontevedra 27.11.2014

En Pontevedra aínda non teñen coñecemento oficial da denuncia que presentará Bruxelas contra España por non garantir que as augas residuais urbanas sexan tratadas correctamente en diversas zonas do país, entre elas a Ría de Pontevedra. Pero iso non impide que o concelleiro Raimundo González asegurase que o goberno municipal "saúda" esta decisión da Comisión Europea porque supón, di, que "tomen cartas non asunto".