Amosando publicacións coa etiqueta Valedor do Pobo b>. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Valedor do Pobo b>. Amosar todas as publicacións
martes, novembro 19, 2013
Plataforma Veciñal de SamieiraNovas Prensa, Valedor do Pobo
Redacción Faro de Vigo | Pontevedra 19.11.2013
A plataforma veciñal "Non á Depuradora en Samieira" acaba de coñecer, por medio dunha nova notificación do Valedor do Pobo, que o Concello de Poio segue sen informarlle. Esta institución admitiu a trámite en outubro a queixa presentada polos veciños e iniciaba as actuacións ante o Concello, requiríndolle que informase as circunstancias que motivaban a "falta de resposta" ás solicitudes de información presentadas por este colectivo veciñal.
luns, novembro 18, 2013
Plataforma Veciñal de SamieiraNovas Prensa, Valedor do Pobo
A plataforma veciñal "Non á Depuradora en Samieira" denuncia escurantismo por parte do Concello de Poio
Redacción Pontevedra Viva | Pontevedra 18.11.2013
A plataforma veciñal "Non á Depuradora en Samieira" mostra o seu malestar, a través dun comunicado, pola actitude que mantén o Concello de Poio. Segundo denuncian, o Valedor do Pobo admitiu a trámite a queixa presentada polos veciños de Samieira pola posible instalación da Depuradora (EDAR) na zona e, non obstante, cando esta institución reclamou información ao Concello de Poio non recibiu resposta, a pesar de reclamarlla dúas veces.
domingo, outubro 13, 2013
Plataforma Veciñal de SamieiraNovas Prensa, Valedor do Pobo
O Valedor esixe transparencia ao Concello respecto da depuradora de Samieira
A plataforma de afectados denunciou falta de información ante a institución autonómica
Redacción Faro de Vigo | Pontevedra 13.10.2013
O Valedor do Pobo solicitou ao Concello que, no prazo de dúas semanas, informe á institución autonómica sobre os traballos de procura dun emprazamento alternativo para situar a Estación de Augas Residuais (Edar), unha información que, segundo asegura a plataforma "Non á Depuradora en Samieira", solicitouse ao goberno local até en cinco ocasións entre o 20 de novembro de 2012 e o pasado 9 de setembro.
sábado, outubro 12, 2013
Plataforma Veciñal de SamieiraNovas Prensa, Valedor do Pobo
Veciños de Samieira queixanse ao Valedor do Pobo pola falta de información municipal sobre a depuradora
Redacción Pontevedra Viva | Pontevedra 12.10.2013
A plataforma 'Non á Depuradora en Samieira' ven de presentar unha queixa ante o Valedor do Pobo ante a falta de información municipal sobre os traballos de procura dun emprazamento alternativo para a Estación Depuradora de Augas Residuais (EDAR). Segundo sinalan os veciños, solicitaron estes datos ata en cinco ocasións ao Concello de Poio entre o 20 de novembro de 2012 e o pasado 9 de setembro.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)




