O Concello cre que situar a depuradora en Samieira "non é unha decisión acertada"
Publicado por Plataforma Veciñal de Samieira o sábado, xullo 28, 2012
Así llo trasladou a responsables de Augas de Galicia o alcalde de Poio na reunión que mantiveron en Santiago
Redacción Faro de Vigo | María Argibay, Poio 28.07.2012
Despois de que Augas de Galicia comunicase onte oficialmente ao Concello de Poio que ten previsto instalar a estación depuradora de augas residuais (EDAR) na parroquia de Samieira, entre as praias de Laño e O Caeiro, os representantes municipais que acudiron á reunión en Santiago de Compostela mostraron o seu descontento con esta decisión. "Trasladámoslles que ese non nos parece o lugar adecuado, que non é a mellor localización", explicou tras a reunión o alcalde de Poio, Luciano Sobral.
Segundo indicou Sobral, desde Augas de Galicia explicáronlles que aínda non hai un proxecto redactado para a construción da depuradora nese lugar, que se están valorando localizacións, pero que a de Samieira é a que máis posibilidades ten porque "parece ser que é a menos custosa", comenta o alcalde. Segundo as cifras que se barallan, construír a depuradora en Samieira suporía rebaixar os custos até a metade. "Se alí custa 8 millóns de euros, noutros puntos que están a valorar costa 16", explicaba Sobral.
Os representantes municipais trasladaron a Augas de Galicia o descontento veciñal que se xerou con esta noticia, "do que xa eran conscientes" e indicaron que o Concello apoiará a decisión veciñal, porque considera que a formulación de Augas de Galicia para a instalación da depuradora "non é unha opción acertada".
Reunión cos veciños
Os representantes municipais acudiron onte á reunión con Augas de Galicia co compromiso de conseguir unha reunión deste organismo cun grupo de portavoces dos veciños de Samieira. O encontro manterase o vindeiro mércores, día 1 de agosto, ás 11.30 horas na sede de Augas de Galicia en Vigo.
A pesar de que non están de acordo con esta localización proposta pola Xunta, desde o Concello recoñecen que Poio necesita unha depuradora "de maneira evidente" e que se tentará que se retomen proxectos que no seu día foron descartados, como o que propuña que a depuradora se construíse en Raxó, recollendo así as augas residuais desta parroquia, de Samieira e tamén de parte de Sanxenxo. Tras anos sobre a mesa, esta proposta caeu debido a que a zona prevista atópase afectada por Costas e non se pode desafectar para construír a estación depuradora.
Multitudinaria asemblea contra unha "aberración"
Os veciños de Samieira mantiveron onte unha acalorada reunión na que participaron representantes do tres grupos políticos municipais que se comprometeron a apoiar a postura dos veciños en contra da depuradora.
BNG, PSOE e PP comprometéronse a presentar unha moción de rexeitamento á localización da depuradora no pleno do martes. Os veciños, que onte estaban "moi encabuxados" acudirán ao pleno para comprobar que se cumpren os compromisos que onte se lles trasladaron. "Esperamos que o que nos contaron sexa certo, que voten a moción e que podamos traballar xuntos", indican.
O local social de Río de Bois quedou pequeno para albergar aos asistentes que acudiron masivamente a un encontro no que esperaban coñecer máis detalles do proxecto a través dos representantes municipais que pola mañá mantivesen unha reunión con representantes de Augas de Galicia.
Un portavoz da Plataforma de afectados indicou que o proxecto da depuradora é "moi daniño" para Samieira e que lles parece unha "aberración que non ten ningún sentido". Segundo indican, un pobo tranquilo como Samieira "que nunca se mobilizou" únese agora para mostrar o seu rexeitamento á construción da depuradora.
Fonte: Xornal Faro de Vigo. Artigo orixinal: O Concello cre que situar a depuradora en Samieira "non é unha decisión acertada"

Categorías: Comunicados Concello Poio, Novas Prensa