Multitudinaria asemblea contra unha "aberración"
Publicado por Plataforma Veciñal de Samieira o sábado, xullo 28, 2012
Redacción Faro de Vigo | María Argibay, Poio 28.07.2012
Os veciños de Samieira mantiveron onte unha acalorada reunión na que participaron representantes do tres grupos políticos municipais que se comprometeron a apoiar a postura dos veciños en contra da depuradora.
BNG, PSOE e PP comprometéronse a presentar unha moción de rexeitamento á localización da depuradora no pleno do martes. Os veciños, que onte estaban "moi encabuxados" acudirán ao pleno para comprobar que se cumpren os compromisos que onte se lles trasladaron. "Esperamos que o que nos contaron sexa certo, que voten a moción e que podamos traballar xuntos", indican.
O local social de Río de Bois quedou pequeno para albergar aos asistentes que acudiron masivamente a un encontro no que esperaban coñecer máis detalles do proxecto a través dos representantes municipais que pola mañá mantivesen unha reunión con representantes de Augas de Galicia.
Un portavoz da Plataforma de afectados indicou que o proxecto da depuradora é "moi daniño" para Samieira e que lles parece unha "aberración que non ten ningún sentido". Segundo indican, un pobo tranquilo como Samieira "que nunca se mobilizou" únese agora para mostrar o seu rexeitamento á construción da depuradora.
Fonte: Xornal Faro de Vigo. Artigo orixinal: Multitudinaria asemblea contra unha "aberración"