Sobral acusa ao PP de defender máis os intereses de Sanxenxo que os de Poio

Publicado por Plataforma Veciñal de Samieira o mércores, setembro 05, 2012

Asegura que aplaudirá a alternativa viable que salga da reunión que se manterá en Sanxenxo entre a alcaldesa, representantes do PP de Poio e membros da Plataforma

Redacción Faro de Vigo | María Argibay, Pontevedra 20.01.2014

O alcalde de Poio, Luciano Sobral, considera que o Partido Popular da localidade defende máis os intereses do Concello de Sanxenxo que os dos veciños de Poio. Así o cre tras coñecer as declaracións realizadas o luns polo portavoz do PP de Poio, Angel Moldes. Sobral indicou ademais que as xestións me parecen moi ben, pero tamén queremos oir propostas. Que as poñan encima da mesa. Se da reunión que se fará en Sanxenxo sae unha alternativa viable, pois a aplaudiremos". Nesta reunión, que se realizará esta semana, está previsto que participen a alcaldesa, representantes do PP de Poio e membros da Plataforma NON! á Depuradora en Samieira. Por outra banda, o alcalde de Poio lembrou que "nós non somos os que deseñamos o saneamento de Poio, foi a administración autonómica quen decidiu dirixir todas as canalizacións cara á zona de Pampaído" e indica que aínda que agora sexan máis os veciños de Poio os que se beneficien desta infraestrutura "hai que saber cara a onde van as previsións de poboación de Dorrón".

Sobral recalcou unha vez máis que a procura da solución ao saneamento "necesita da implicación de todos" e que non é normal que o Concello de Poio deba "asumir en exclusiva o problema dunha infraestrutura compartida". Na reunión que se celebrará este venres con Augas de Galicia, Sobral asegurou que presentarán unha vez máis a proposta de construción da EDAR en Pampaído. A pesar de saber que ese proxecto está paralizado, Sobral asegura "hai un proxecto para facela alí. A oposición veciñal será o que se impuxo, pero iso non é motivo para que teñamos que asumir en Poio unha depuradora compartida".

A máis de 2 quilómetros dun núcleo de poboación

Desde a Plataforma NON! á Depuradora en Samieira consideran que "estamos ante un baile de dimes e diretes políticos intencionados que só busca confundir e eludir responsabilidades". Os veciños lembran que non permitirán que instalen nun pobo tan pequeno como Samieira "unha estación depuradora que dará servizo a unha poboación de 21.000 habitantes". Por outra banda, lembran que estas depuradoras deben estar fixadas nun emprazamento a unha distancia superior a 2.000 metros dun núcleo de poboación.

Fonte: Xornal Faro de Vigo. Artigo orixinal:  Sobral acusa ao PP de defender máis os intereses de Sanxenxo que os de Poio