O rexeitamento social logra que a Xunta descarte Samieira para construír a EDAR

Publicado por Plataforma Veciñal de Samieira o venres, setembro 07, 2012
Redacción Diario de Pontevedra | Pontevedra 07.09.2012

A presión social liderada pola Plataforma contra a depuradora en Samieira conseguiu que a Xunta dea marcha atrás e descarte claramente construír unha EDAR na parroquia. Así o confirmou onte o director de Augas de Galicia, Francisco Menéndez, nunha reunión mantida cos representantes do colectivo veciñal e do tres partidos da Corporación poiense.

A Plataforma recibiu o compromiso con satisfacción, posto que a campaña realizada para evitar que o Executivo galego emprazase a EDAR na contorna das praias de O Laño e O Caeiro conseguiu o efecto esperado. En todo caso, un dos seus portavoces indicou que a entidade social manterase pendente da evolución dos acontecementos, tendo en conta, sobre todo, a próxima celebración das eleccións autonómicas.

Fonte: Xornal Diario de Pontevedra. Artigo orixinal:  O rexeitamento social logra que a Xunta descarte Samieira para construír a EDAR
Categorías: