Un remedio para o que se espera desde hai anos ante o temor de sancións
Publicado por Plataforma Veciñal de Samieira o domingo, agosto 04, 2013
Redacción Faro de Vigo | Pontevedra 04.08.2013
A construción dunha depuradora que remedie a contaminación neste punto da ría ao que verten tanto zonas de Poio como de Sanxenxo é algo que se leva barallando anos e que se mantivo na axenda de diversos gobernos, pero aínda hoxe desde as administracións local e autonómica seguen sen concretar un remedio ante unha situación de constantes verteduras. Ademais, ao dano ambiental, únese o temor a que a Unión Europea impoña sancións ante o continuo incumprimento das directrices comunitarias.
Desde a plataforma de afectados recoñeceron en varias ocasións que o saneamento da Ría de Pontevedra é algo necesario e que "tanto a Xunta como o Concello deben buscar unha solución para sacar este problema de encima". O colectivo veciñal ten claro que seguirá preocupándose por este problema ata que se atope unha saída definitiva. Aínda que a súa parroquia fose descartada, reclaman unha solución.
Ao longo de todo este tempo de debate, o proxecto tamén xerou tensións co limítrofe concello de Sanxenxo. A súa alcaldesa, Catalina González, dixo que o municipio non necesita ese equipamento ao ser menos de 200 as vivendas de Santa Mariña, en Dorrón, que carecen de saneamento. Algo que, segundo propuxo, solucionaríase cunha conexión á depuradora de Paxariñas. En calquera caso, a súa oposición a acoller unha nova instalación foi rotunda.
Fonte: Xornal Faro de Vigo. Artigo orixinal: Un remedio para o que se espera desde hai anos ante o temor de sancións

Categorías: Novas Prensa