Samieira mantén a súa ´inquietude´ ante a falta de alternativas para a depuradora
Publicado por Plataforma Veciñal de Samieira o domingo, agosto 04, 2013
Plataforma e veciños urxen ao goberno local, tras prometer que non se faría na parroquia, unha nova localización - Lamentan que non hai avances desde o verán pasado
Redacción Faro de Vigo | Marcos Quintas, Pontevedra 04.08.2013
Os veciños de Samieira reclaman ao goberno local que desvele "dunha vez" cal será a localización da depuradora cando se cumpre un ano tras a promesa de que finalmente non se faría na parroquia. A última asemblea constatou de novo o rexeitamento e polémica que aínda xera o proxecto a pesar dese compromiso. "Mentres non se diga cal é a alternativa, Samieira será a única opción coñecida e iso séguenos xerando inquietude", denuncian desde a plataforma na que levan anos presionando para evitar a actuación.
A Casa do Pobo de Samieira, en Río de Bois, foi a encargada de acoller unha das asembleas máis numerosas dos últimos anos. Preto dun centenar de veciños asistiu á cita, na que os integrantes do colectivo de afectados explicaron que continúan "á expectativa ante calquera movemento". Non dan total credibilidade ao anuncio que o goberno local fixo o pasado ano, por iso manteñen o seu calendario de reunións. "Enviamos varios escritos ao Concello para que nos respondan, pero por agora non sabemos nada", indican desde a directiva. Ademais tamén están pendentes de que se coñezan detalles da futuro PXOM. "Se se vai a facer algunha depuradora no municipio, tería que aparecer aí", lembran.
"A inquietude entre os veciños segue presente; hai moita xente que cre que, como Samieira é un sitio pequeno, que non temos moita forza para presionar; pero en cada reunión lémbrase que aquí estamos pendentes de calquera paso", engádese desde a plataforma. Ademais, os portavoces advirten: "Todos temos moi claro que, en ningún caso e pase o tempo que pase, imos permitir que se nos roube o máis prezado do noso territorio para que se converta nunha cloaca". Ao goberno municipal aprémanlle a comunicación dunha localización no municipio ou de se finalmente poderíase optar por unha solución que non implicase a construción da estación depuradora de augas residuais. Pero lembran que se finalmente se constrúe en Poio, deberá ser "nun lugar adecuado desde o punto de vista ambiental e social".
Doutra banda, tamén desde Augas de Galicia descartouse a localización da depuradora na parroquia. A construción na contorna das praias de Laño e O Caeiro, onde se proxectaba, quedou rexeitada desde este organismo dependente da Consellería de Medio Ambiente e Infraestruturas.
O director do ente, Francisco Menéndez, garantiu entón que non se ía a construír o recinto neste lugar ante o rexeitamento social. Indicou que o obxectivo da Xunta de Galicia é "buscar un consenso tanto co Concello como cos veciños". Con todo, desde o primeiro momento trasladou ao Concello a responsabilidade de atopar unha localización. Algo que por agora segue sen determinarse. Por iso os veciños seguen sen ter un punto de vista satisfactorio no que respecta á xestión da polémica: "Os políticos só están a se pasar a pelota duns a outros".
Fonte: Xornal Faro de Vigo. Artigo orixinal: Samieira mantén a súa ´inquietude´ ante a falta de alternativas para a depuradora

Categorías: Asembleas, Novas Prensa