O Laño únese a outras 26 praias galegas nunha xornada mundial de limpeza
Publicado por Plataforma Veciñal de Samieira o venres, xuño 06, 2014
Redacción Faro de Vigo | Pontevedra 06.06.2014
A Plataforma Veciñal de Samieira, dentro do Día Mundial dos Océanos, realizará mañá a partir das 18.00 horas unha xornada voluntaria de limpeza da praia do Laño. Esta será, por segundo ano, a localización elixida nesta iniciativa que se desenvolve noutros 26 areais de toda Galicia.
A actividade busca destacar e potenciar o papel da acción cidadá na conservación da natureza e a paisaxe. Convídase así á cidadanía a impulsar valores e actitudes ambientais, tratando de cambiar conciencias e sensibilizando acerca da importancia de manter limpa as prazas.
Na xornada de 2013 participaron máis de 25 persoas en Samieira, retirando un total de 50 quilos de lixo. A acción deste ano volve estar aberta a todos aqueles interesados en mellorar a contorna e participar na conservación das praias. Así, quen queiran unirse poden contactar coa organización a través do perfil de Facebook (limpeza praia do Laño) ou do correo electrónico: limpezapraiasamieira@gmail.com.
Fonte: Xornal Faro de Vigo. Artigo orixinal: O Laño únese a outras 26 praias galegas nunha xornada mundial de limpeza

Categorías: Actos reivindicativos, Novas Prensa