Amosando publicacións coa etiqueta Actos reivindicativos. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Actos reivindicativos. Amosar todas as publicacións

martes, xuño 09, 2015

Os veciños recollen 150 quilos de lixo na praia do Laño

Unhas trinta persoas participaron o pasado sábado na limpeza do areal con motivo do Día Mundial dos Océanos

Redacción Faro de Vigo | David Guimarey, Pontevedra 09.06.2015

Máis de trinta persoas participaron na limpeza da praia de Ou Laño. Durante a hora que durou a intervención organizada pola Plataforma Non á Depuradora de Samieira e dentro da iniciativa ecoloxista Adega, recolleron 150 quilos de lixo de todo tipo, o dobre de quilos que na xornada realizada en 2014.

venres, agosto 01, 2014

Veciños de Samieira estudan denunciar a situación da praia do Laño por delito ecolóxico

Redacción Pontevedra Viva | Redacción, Pontevedra 01.08.2014

A situación da praia do Laño é "inadmisible" para a Plataforma de Veciños de Samieira. Aseguran que o peche ao baño do pasado sábado, en plena tempada de verán, e as declaracións feitas desde o Concello de Poio e a Xunta de Galicia "inquietan aos cidadáns e alentan un conflito social sen xustificación". Todo iso causou, lamentan, un importante dano na imaxe da zona e graves prexuízos ao sector hostaleiro e turístico.

mércores, xullo 30, 2014

Guerra aberta pola praia do Laño

A recomendación de non bañarse esténdese a todo o verán. O Concello está indignado e os veciños exasperan no Pleno

Redacción Diario de Pontevedra | Marina Abilleira, Poio 30.07.2014

Usuarios da praia realizaron onte un baño-protesta no Laño.

Reaccións Veciñais: Usuarios da praia realizan un baño-protesta e esixen respostas

Redacción Diario de Pontevedra | Redacción, Poio 30.07.2014

A Plataforma Veciñal de Samieira (constituída hai anos para loitar contra a construción da Edar na contorna de O Laño e O Caeiro) mostrouse indignada coa situación da praia e esixiu explicacións ao Concello e a Sanidade.

luns, xuño 09, 2014

A xornada de limpeza no Laño retirou máis de 60 quilos de residuos

Os participantes atoparon desde pilas e botellas até o pé dun parasol de terraza

Redacción Faro de Vigo | Pontevedra 09.06.2014

A Plataforma Non á depuradora en Samieira recolleu 60 quilos de refugallos -sobre todo porexpán, tapóns, botellas, pilas, cordas, cabichas e redes vellas- na campaña de limpeza da praia do Laño. A iniciativa enmarcábase dentro do día dos Océanos e desenvolveuse paralelamente a outras 26 realizadas en diversos areais da comunidade.

domingo, xuño 08, 2014

'Non á Depuradora de Samieira' limpa a praia de Laño para insistir no seu rexeitamento á EDAR

Redacción Pontevedra Viva | Diego Torrado & Natalia Puga, Pontevedra 08.06.2014

Nin o vento nin a ameaza de choiva freou este sábado á plataforma 'Non á Depuradora en Samieira' na súa xornada de limpeza reivindicativa da praia de Laño, unha actividade coa que quixeron destacar a "importancia dos cidadáns na conservación do territorio" ao tempo que insisten na "rotunda resposta cívica" contra o proxecto de instalación dunha planta de tratamento de augas residuais no entorno.

Os veciños retiran 60 quilos de lixo da praia de Laño

Volveron rexeitar de plano a localización dunha depuradora na contorna do areal

Redacción La Voz de Galicia | Alfredo López Penide, Pontevedra 08.06.2014

Unha xornada a medio camiño da concienciación ambiental e da reinvindicación social viviuse este sábado na praia de Laño, no municipio de Poio. Vecinos e membros da Plataforma Non á Depuradora en Samieira retiraron preto de sesenta quilos de desperdicios no areal, «moito poliestireno-porexpán, tapóns, botellas de plástico e cristal, pilas, cordas, cabichas, redes vellas, envoltorios plásticos de todo tipo...», precisaron desde este colectivo.

A concienciación ambiental cítase no Laño

Redacción Faro de Vigo | Pontevedra 08.06.2014

A Plataforma Veciñal de Samieira, dentro do Día Mundial dos Océanos, levou a cabo unha limpeza da praia do Laño.

venres, xuño 06, 2014

O Laño únese a outras 26 praias galegas nunha xornada mundial de limpeza

Redacción Faro de Vigo | Pontevedra 06.06.2014

A Plataforma Veciñal de Samieira, dentro do Día Mundial dos Océanos, realizará mañá a partir das 18.00 horas unha xornada voluntaria de limpeza da praia do Laño. Esta será, por segundo ano, a localización elixida nesta iniciativa que se desenvolve noutros 26 areais de toda Galicia.

xoves, xuño 05, 2014

A Plataforma Veciñal de Samieira e Adega convocan para o sábado un día de limpeza da praia do Laño

Redacción Diario de Pontevedra | Marina Abilleira, Poio 05.06.2014

A Plataforma Veciñal de Samieira realizará o vindeiro sábado, día 7, unha limpeza da praia do Laño. A actividade, impulsada por ADEGA, enmárcase na Semana do Medio Ambiente e coincidirá co Día Mundial dos Oceános.

mércores, agosto 28, 2013

As protestas dos veciños e veciñas de Samieira contra a EDAR na Televisión de Galicia

Redacción Samieira Dixital | Poio 28.08.2013

Os informativos da Televisión de Galicia recolleron hoxe as protestas dos veciños e veciñas de Samieira en contra da localización dunha Estación Depuradora de Augas Residuais (EDAR) entre as praias do Caeiro e O Laño. O rexeitamento a este proxecto nocivo, molesto e insalubre, cumpriu xa un ano sen solucións que satisfagan a demanda veciñal de levar a planta a un lugar axeitado dende o punto de vista social e medioambiental.

domingo, xuño 09, 2013

Os veciños unen as súas forzas para manter limpa a praia do Laño

Con motivo da Semana do Medio Ambiente e coincidindo co Día Mundial dos Océanos, a Plataforma Veciñal de Samieira realizou onte unha limpeza da praia do Laño, no marco dun proxecto impulsado por ADEGA

Redacción Diario de Pontevedra | Poio 09.06.2013

sábado, xuño 08, 2013

Limpeza reivindicativa na praia do Laño

Redacción Pontevedra Viva | Óskar Viéitez - Pontevedra 08.06.2013

A Plataforma Non a depuradora en Samieira, participou este sábado na segunda Limpeza simultánea de praias organizada por ADEGA con motivo do Día Mundial dos Océanos.

venres, xuño 07, 2013

8 de xuño: Limpeza da praia do Laño con motivo do Día Mundial dos océanos

Redacción Samieira Dixital | Poio 07.06.2013

Este sábado 8 de xuño ás 18.00 horas, dentro da Semana do Medio Ambiente e coincidindo co Día Mundial dos Océanos, a Plataforma Veciñal de Samieira vai realizar xunto con ADEGA, unha Limpeza da Praia do Laño.

xoves, xuño 06, 2013

O Laño, única praia da ría na que se realizará unha limpeza con motivo do día dos océanos

Redacción Faro de Vigo | Pontevedra 06.06.2013

A plataforma veciñal de Samieira desenvolverá este sábado, dentro da semana do medio ambiente e coincidindo coa conmemoración do día mundial dos océanos, unha limpeza na praia do Laño. A acción levará a cabo de forma simultánea coa que están programadas en toda Galicia, que en total se realizarán en 20 areais, sendo esta a única das iniciativas que ten lugar na ría de Pontevedra.

martes, novembro 20, 2012

Entregan 2.349 sinaturas contra a localización da EDAR en Samieira

A plataforma antidepuradora non da o asunto por resolto e esixe á Xunta e ao Concello que elixan unha localización alternativa e informen dela

Redacción Diario de Pontevedra | Marina Abilleira, Poio 20.11.2013

luns, agosto 27, 2012

Máis de 200 persoas concéntranse contra a localización da depuradora en Samieira

Redacción Faro de Vigo | María Argibay, Pontevedra 27.08.2012

Veciños, turistas, familiares, amigos... todos se reuniron onte na praza de Alfredo Romay de Samieira para mostrar o rexeitamento á localización da depuradora na parroquia, concretamente, entre as praias de Laño e O Caeiro. Convocados pola Plataforma Non! á Depuradora en Samieira, máis de 200 persoas concentráronse durante unha media hora e escoitaron o manifesto que uno dos portavoces leu a todos os presentes. Nel destacaron que "sabemos que estas instalacións contaminan. Contaminan o aire e a auga e son prexudiciais para a saúde das persoas. Hai sentenzas xudiciais que así o manifestan. Establecen un perímetro de seguridade de 2.000 metros de distancia das vivendas", explicaron a todos os asistentes. Por outra banda, indicaron que "a superficie total que necesita esta infraestrutura supón a ocupación e destrución de todo unha contorna sensible desde o punto de vista ambiental e social. Vannos a privar a todos da satisfacción de gozar dun lugar que, en teoría, terían que protexer e potenciar".

domingo, agosto 26, 2012

''Imos estar aquí loitando, un día tras outro, ata que eliminen esta ubicación''

Redacción Diario de Pontevedra | Pontevedra 26.08.2012

Máis dun centenar de persoas, con carteis e pancartas reivindicativas, concentráronse onte na praza Alfredo Romay, en Samieira, para facer patente a súa protesta contra a localización da depuradora que prevé construír a Xunta nesta parroquia, a máis pequena do municipio. «Non merecemos padecer esta instalación para 21.000 habitantes» de Poio e Sanxenxo.

xoves, agosto 23, 2012

O Concello non presentará alternativas á instalación da depuradora en Samieira

O goberno local considera que a Xunta e Sanxenxo deben involucrarse na procura de solucións

Redacción Faro de Vigo | María Argibay, Pontevedra 23.08.2012

O Concello de Poio non ten previsto presentar ningunha alternativa á instalación da depuradora en Samieira. Así o confirmou onte o alcalde da localidade, Luciano Sobral, quen indicou que desde o Consistorio non presentarán ningunha proposta nin ante a reunión veciñal que se celebrará o venres 31 de agosto en Río de Bois nin tampouco na reunión que está prevista con Augas de Galicia a mediados do mes de setembro. O alcalde explicaba que desde o Concello están "abertos a buscar solucións", pero sempre que se conta coa implicación da Xunta de Galicia e o Concello de Sanxenxo. Sobral entende que o problema do saneamento da ría non corresponde unicamente ao Concello de Poio. "Queremos unha depuradora para Poio e queremos que se complete o ciclo do saneamento da ría, pero a futura solución contempla o involucramiento do tres administracións", recalca Sobral.

mércores, agosto 08, 2012

Nova asemblea veciñal para seguir loitando contra a depuradora en Samieira

Redacción Diario de Pontevedra | Angela Muñiz, Poio 03.08.2012

A Casa do Pobo de Río de Bois acolle hoxe unha nova asemblea veciñal para, dunha forma consensuada entre todos os veciños, establecer "a liña que imos seguir" para loitar contra a decisión de Augas de Galicia de situar a depuradora en Samieira, na contorna das praias do Caeiro e O Laño.