A praia de Laño manterá a recomendación de non bañarse durante todo o verán

Publicado por Plataforma Veciñal de Samieira o martes, xullo 29, 2014

O alcalde Sobral ordenou a realización dunha contraanálise

Redacción La Voz de Galicia | López Penide, Poio 29.07.2014

Un xerro de auga fría aos intereses do Concello de Poio. A Consellería de Sanidade acaba de comunicar que a praia de Laño «terá durante toda a tempada de 2014 a cualificación de insuficiente, independentemente do resultado das mostraxes que se efectúen durante o presente exercicio». De feito, estas análiticas só teranse en conta de face a tempada estival do 2015.

Desde a Adminsitración autonómica precisaron que «dita cualificación non implica que as augas estean permanentemente contaminadas, senón que orienta sobre a maior probabilidade de exposición dous bañistas a episodios de contaminación». É por iso que requiren ao Concello de Poio a que manteña durante todo o verán carteis en zonas visibles do areal para que os usuarios coñezan as recomendacións de Sanidade de non bañarse no Laño.

A consellería, en todo caso, non se quixo pronunciar sobre Nanín, en Sanxenxo, que se atoparía nunha situación parella á de Poio e onde, con todo, non se adoptou ningún tipo de paso por parte do Concello.

O malestar do goberno local de Poio cara á Consellería de Sanidade é máis que evidente. O alcalde Luciano Sobral cargo sobre o feito de que a cualificación se adoptase en base a analíticas doutros anos, tal e como refire unha directiva europea. Insistiu en que as últimas mostraxes deron resultados moi baixos en coliformes, co que a calidade salnitaria das augas sería moi boa ou, mesmo, excelente. Ao mesmo tempo, cualificou como «un despropósito» que isto poida ocorrer nunha praia que se somete voluntariamente ás análises de Sanidade, mentres que aqueloutros areais que están fóra deste programa non se lles realiza ningún tipo de seguimento.

Esta circunstancia levou ao alcalde Luciano Sobral (BNG) a requirir a Aquagest a que realice as súas propias mostraxes como alternativa aos oficiais de Sanidade. Ademais, o rexedor municipal de Poio comprometeuse a realizar test similares semanalmente no areal do Laño para confirmar a boa saúde das súas augas.

Mentres tanto, continúa a alerta sanitaria con carteis aos que, a verdade, moitos bañistas fan caso omiso.

Fonte: Xornal La Voz de Galicia. Artigo orixinal:  A praia de Laño manterá a recomendación de non bañarse durante todo o verán