«O sábado pola mañá non nos deixaron baixar ao areal. Non é normal»
Publicado por Plataforma Veciñal de Samieira o martes, xullo 29, 2014
Redacción Diario de Pontevedra | Poio 29.07.2014
Nada cambiou desde o pasado fin de semana no Laño, cando a Consellería de Sanidade viuse obrigada a pechar a praia ao baño por presenza de coliformes na auga. As autoridades sanitarias manteñen o areal vetado ao baño mentres non se coñezan os datos da última mostra, que aínda que estaba previsto que se soubesen onte, non se darán a coñecer até mañá, segundo informou a Consellería.
Pola súa banda, veciños e usuarios habituais do areal afirman que, facendo caso omiso das prohibicións, continuarán accedendo ao mesmo como habitualmente fan, asumindo o risco que poida levar. «A xente báñase igual, non fai caso ó cartel» declaran.
As advertencias sanitarias non parecen inquietar aos bañistas, que seguen coas súas prácticas habituais aínda que non son alleos á polémica suscitada polos acontecementos do pasado fin de semana.
Algúns veciños pensan que o suposto vertido podería estar relacionado coa situación xurdida por mor da localización da futura EDAR de Poio. «Iso todo é politiqueo polo tema dá depuradora», aseguran.
A situación máis molesta viviuse o pasado sábado pola mañá cando se procedeu a precintar todo o areal. Esta medida resultou do todo impopular. «Nós protestamos porque o sábado pola mañá valáronnos toda a praia. Non nos deixaron baixar ao areal». En opinión dos veciños, o peche repentino foi excesivo. «Unha cousa é que avisen de que a auga non é apta para o baño e outra é que non poidas baixar á praia». Ese mesmo día pola tarde reabriuse o acceso á praia pero o baño seguiu restrinxido.
Todo apunta a que a prohibición do baño se produce como consecuencia da aparición de fecais nun regato situado na parte dereita do areal polo que desagua unha pequena tubaxe. Polo momento é nesa parte onde se están obtendo as mostras analizadas que deron positivo fai hoxe exactamente unha semana.
Este areal é moi concorrido por veciños de Samieira e tamén por visitantes doutras partes que pasan en Poio as súas vacacións. A falta de información e a demora dos resultados, sumados á repercusión que está a ter nos medios, creou un ambiente que vai desde o cabreo duns á indiferenza doutros.
Fonte: Xornal Diario de Pontevedra. Artigo orixinal: "O sábado pola mañá non nos deixaron baixar ao areal. Non é normal"

Categorías: Novas Prensa, Praia do Laño