Sanidade manterá durante todo o verán a súa recomendación de non bañarse no Laño
Publicado por Plataforma Veciñal de Samieira o mércores, xullo 30, 2014
As augas da praia conservarán todo o ano a cualificación de insuficiente á marxe do resultado de análises posteriores, aínda que polo momento non se prohibe o baño
Redacción Faro de Vigo | Alexandre Davila, Poio 30.07.2014
A Consellería de Sanidade asegurou onte que a praia de O Laño, onde se desaconsella o baño desde o pasado sábado, deberá manter esa advertencia todo o verán debido á categoría de "insuficiente" que arrastran as súas augas desde hai tempo. A súa xefatura territorial de Pontevedra sostén que os resultados das analíticas das mostras tomadas no areal, e tras aplicar o cálculo estatístico que establece a normativa, esta zona manterá durante toda a tempada de 2014 esa cualificación de insuficiente, "independentemente do resultado das mostras que se efectúen durante o presente exercicio".
Sanidade apunta que segundo a normativa, nestes casos é preceptivo que o Concello informe ao público da calidade das augas de baño e da recomendación de non bañarse ou da súa prohibición, para evitar exposicións á contaminación. De calquera forma, aclara que a clasificación de insuficiente das súas augas nin implica que estean permanentemente contaminadas, senón que orienta sobre a maior probabilidade de exposición dos bañistas a episodios de contaminación.
A normativa establece que se o Concello toma medidas para mellorar a calidade das augas, a clasificación sanitaria pode cambiar na seguinte tempada na que se demostre que estes cambios resultaron ser positivos, pero en ningún case cambiará durante este verán.
Desta forma, a praia do Laño, a segunda de maior extensión do municipio, manterá todo o verán os carteis instalados o sábado.
Fonte: Xornal Faro de Vigo. Artigo orixinal: Sanidade manterá durante todo o verán a súa recomendación de non bañarse no Laño

Categorías: Novas Prensa, Praia do Laño