Veciños de Samieira denuncian a ´alarma inxustificada´ que se creou co estado da auga do Laño
Publicado por Plataforma Veciñal de Samieira o venres, agosto 01, 2014
Redacción Faro de Vigo | M.O., Pontevedra 01.08.2014
O colectivo veciñal de Samieira denuncia a alarma social inxustificada que provocaron os resultados negativos das augas da praia do Laño e ademais estudan solicitar iniciar unha investigación para atopar ao que provocou a vertedura.
Engaden os veciños que a noticia sobre o estado das augas do Laño provocou un grave dano á imaxe da zona e ao sector hostaleiro e turístico en plena época estival. Por este motivo porán todo o seu empeño en atopar ao responsable, dado que todo parece indicar que os resultados da análise proceden dunha vertedura illada, e acusarlle dun delito ecolóxico, conforme ao que recolle o artigo 325 e seguintes, do Código Penal.
Pola súa banda, o Concello continúa traballando para garantir a calidade da auga da praia do Laño cunha campaña de limpeza do río que desemboca no areal co obxectivo de atopar a orixe das verteduras.
Un grupo de operarios municipais dedica estes días as súas horas de traballo a inspeccionar a canle do río en busca da posible contaminación ou causas que puidesen provocar a presenza de bacterias fecais nas augas do Laño.
O edil de Medio Ambiente, Gregorio Agís, confía en que esta limpeza sirva para resolver o problema da calidade da auga no areal. Debido á presenza de bacterias fecais nas súas augas, a Xunta recomenda aos usuarios evitar o baño no Laño. Con todo, o edil socialista envía unha mensaxe tranquilizadora aos bañistas afirmando que na última análise os resultados foron positivos.
Fonte: Xornal Faro de Vigo. Artigo orixinal: Veciños de Samieira denuncian a ´alarma inxustificada´ que se creou co estado da auga do Laño