Amosando publicacións coa etiqueta Comunicados Plataforma. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Comunicados Plataforma. Amosar todas as publicacións

xoves, novembro 06, 2014

EDAR Poio-Sanxenxo: Declaracións do Concello de Sanxenxo, do Concello de Poio e da Plataforma Veciñal de Samieira na cadena Cope

Redacción Cadena Cope | "La Mañana en Cope Pontevedra", Pontevedra 06.11.2014

O problema de saneamento no Concello de Poio require da instalación dunha depuradora. Unha infraestrutura que a día de hoxe non ten unha ubicación concretada e que segue dando que falar e segue sendo motivo de preocupación no Concello de Poio, entre os veciños de Poio e, tamén, no Concello de Sanxenxo.

xoves, outubro 30, 2014

O Concello reunirase con Augas de Galicia para falar sobre a futura EDAR

Redacción Diario de Pontevedra | Redacción, Poio 30.10.2014

A sede de Augas de Galicia, en Santiago de Compostela, acollerá o próximo 7 de novembro unha reunión na que poderían despexarse algunhas das dúbidas relacionadas coa construción da futura EDAR de Poio.

Conflito EDAR Poio-Sanxenxo. Posicionamento Veciñal

Redacción Pontevedra Viva | Tribuna Viva, Pontevedra 30.10.2014

Dende hai varias semanas, os veciños de Samieira asistimos atónitos a unha proliferación de reunións tuteladas polos nosos representantes locais que teñen como principal protagonista a Estación Depuradora de Augas Residuais (EDAR). Despois de máis 2 anos loitando para que se achegue unha solución ao problema da localización, presentando escritos demandando alternativas, denunciando ante o Valedor do Pobo a falta de información e colaboración municipal, agardando reunirnos con Augas de Galicia, non podemos máis que lamentar a continua utilización política deste problema.

venres, agosto 01, 2014

Veciños de Samieira estudan denunciar a situación da praia do Laño por delito ecolóxico

Redacción Pontevedra Viva | Redacción, Pontevedra 01.08.2014

A situación da praia do Laño é "inadmisible" para a Plataforma de Veciños de Samieira. Aseguran que o peche ao baño do pasado sábado, en plena tempada de verán, e as declaracións feitas desde o Concello de Poio e a Xunta de Galicia "inquietan aos cidadáns e alentan un conflito social sen xustificación". Todo iso causou, lamentan, un importante dano na imaxe da zona e graves prexuízos ao sector hostaleiro e turístico.

Veciños de Samieira denuncian a ´alarma inxustificada´ que se creou co estado da auga do Laño

Redacción Faro de Vigo | M.O., Pontevedra 01.08.2014

O colectivo veciñal de Samieira denuncia a alarma social inxustificada que provocaron os resultados negativos das augas da praia do Laño e ademais estudan solicitar iniciar unha investigación para atopar ao que provocou a vertedura.

mércores, xullo 30, 2014

Guerra aberta pola praia do Laño

A recomendación de non bañarse esténdese a todo o verán. O Concello está indignado e os veciños exasperan no Pleno

Redacción Diario de Pontevedra | Marina Abilleira, Poio 30.07.2014

Usuarios da praia realizaron onte un baño-protesta no Laño.

Reaccións Veciñais: Usuarios da praia realizan un baño-protesta e esixen respostas

Redacción Diario de Pontevedra | Redacción, Poio 30.07.2014

A Plataforma Veciñal de Samieira (constituída hai anos para loitar contra a construción da Edar na contorna de O Laño e O Caeiro) mostrouse indignada coa situación da praia e esixiu explicacións ao Concello e a Sanidade.

xoves, decembro 06, 2012

A plataforma contra a EDAR en Samieira critica a falta de alternativas de ubicación

O colectivo veciñal reuniuse co tres grupos da corporación, que non achegaron opcións

Redacción Diario de Pontevedra | Redacción, Poio 06.12.2014

Os representantes da plataforma veciñal contra a depuradora en Samieira mantiveron o pasado martes unha reunión co tres grupos da Corporación municipal.

mércores, decembro 05, 2012

Ningún grupo político municipal ten alternativas reais para ubicar a EDAR

Redacción Plataforma Non á Depuradora en Samieira | Poio 05.12.2012

A plataforma veciñal en contra da depuradora en Samieira solicitou hai varios días unha reunión cos tres grupos políticos municipais (BNG, PSOE e PP). A finalidade deste encontro, que se celebrou hoxe, era coñecer o estado dos traballos de procura dun novo emprazamento para a construción da EDAR. O 7 de setembro, na reunión conxunta que tivemos co director de Augas de Galicia, os voceiros das tres formacións políticas comprometéronse a iniciar estes traballos cando finalizasen as eleccións autonómicas do 21 de outubro. Sen embargo, NINGÚN DOS TRES GRUPOS POLÍTICOS MUNICIPAIS TEN A DÍA DE HOXE UBICACIÓNS ALTERNATIVAS que desboten a actual. Isto é algo gravemente preocupante, pois concretar un emprazamento viable é a única forma de alonxar esta infraestrutura nociva, molesta e insalubre da contorna Caeiro-Laño e das vivendas.

sábado, decembro 01, 2012

A plataforma veciñal de Samieira solicita unha reunión coas tres formacións políticas municipais

Redacción Plataforma Non á Depuradora en Samieira | Poio 01.12.2012

O pasado martes, 20 de novembro, a plataforma veciñal de Samieira entregou no rexistro do Concello unha solicitude dirixida ao goberno municipal na que se demandaba información sobre o comezo dos estudos para elixir un novo emprazamento para a EDAR. Esta solicitude de información, á que se sumaba, tamén, unha petición para asistir a vindeira mesa de traballo que se convocase co equipo técnico de Augas de Galicia, NON FOI CONTESTADA. Por este motivo, estamos presionando aos tres grupos políticos municipais (BNG, PSOE e PP) para ter unha reunión na que se traten estos temas. Consideramos, que dadas as circunstancias, esta é a única posibilidade que temos, neste momento, de obter información da situación actual do proxecto e de forzar que se acheguen solucións.

A plataforma contra a EDAR en Samieira pide reunirse co Concello e a Xunta

Redacción Diario de Pontevedra | Redacción, Poio 01.12.2012

A plataforma Non á Depuradora en Samieira reiterou solicitude para que o Goberno local propoña unha localización alternativa para contruir a EDAR.

martes, setembro 11, 2012

Samieira esixirá tras o 21-O un novo compromiso que descarte a depuradora

A plataforma, tras a reunión informativa de onte á noite, comeza un paréntese á espera de que o próximo goberno tome posesión » Os veciños "optimistas" pero "vixiantes"

Redacción Faro de Vigo | Marcos Quintas, Poio 11.09.2012

Sensación de optimismo e, ao mesmo tempo, advertencia de coidadosa vixilancia.

mércores, agosto 08, 2012

Nova asemblea veciñal para seguir loitando contra a depuradora en Samieira

Redacción Diario de Pontevedra | Angela Muñiz, Poio 03.08.2012

A Casa do Pobo de Río de Bois acolle hoxe unha nova asemblea veciñal para, dunha forma consensuada entre todos os veciños, establecer "a liña que imos seguir" para loitar contra a decisión de Augas de Galicia de situar a depuradora en Samieira, na contorna das praias do Caeiro e O Laño.

martes, agosto 07, 2012

Os veciños estiman que a depuradora precisaría tanto espazo como un estadio

A plataforma de Samieira calcula que a obra abarcaría uns 8.000 metros cuadradros e presentará esta semana por escrito o seu "ultimatum" para que se busque outra solución

Redacción Faro de Vigo | Marcos Quintás, Poio 07.08.2012

O "ultimatum" que os veciños de Samieira dirixiron ao goberno municipal entregarase por escrito no rexistro do Concello ao longo da semana. Algo que se converte nunha medida máis de presión sobre o controvertido proxecto da depuradora. A parroquia mostrou a súa inquietude por un proxecto que segundo os afectados tería unha extensión de 8.000 metros cadrados (extensión similar á dun campo de fútbol de grandes dimensións) e podería dar servizo a 12.000 habitantes. Unhas características que levan aos posibles afectados a esixir "outros terreos ou outra solución".

sábado, xullo 28, 2012

Multitudinaria asemblea contra unha "aberración"

Redacción Faro de Vigo | María Argibay, Poio 28.07.2012

Os veciños de Samieira mantiveron onte unha acalorada reunión na que participaron representantes do tres grupos políticos municipais que se comprometeron a apoiar a postura dos veciños en contra da depuradora.

BNG, PSOE e PP comprometéronse a presentar unha moción de rexeitamento á localización da depuradora no pleno do martes. Os veciños, que onte estaban "moi encabuxados" acudirán ao pleno para comprobar que se cumpren os compromisos que onte se lles trasladaron. "Esperamos que o que nos contaron sexa certo, que voten a moción e que podamos traballar xuntos", indican.

O local social de Río de Bois quedou pequeno para albergar aos asistentes que acudiron masivamente a un encontro no que esperaban coñecer máis detalles do proxecto a través dos representantes municipais que pola mañá mantivesen unha reunión con representantes de Augas de Galicia.

Un portavoz da Plataforma de afectados indicou que o proxecto da depuradora é "moi daniño" para Samieira e que lles parece unha "aberración que non ten ningún sentido". Segundo indican, un pobo tranquilo como Samieira "que nunca se mobilizou" únese agora para mostrar o seu rexeitamento á construción da depuradora.

Fonte: Xornal Faro de Vigo. Artigo orixinal:  Multitudinaria asemblea contra unha "aberración"

xoves, xullo 26, 2012

A plataforma "antidepuradora" forza unha reunión co Concello

Tres representantes do colectivo acudirán hoxe ao Concello para entrevistarse co alcalde e pedirlle que atenda aos veciños

Redacción Diario de Pontevedra | Marina Abilleira, Poio 26.07.2012

A plataforma contra a construción dunha depuradora na contorna da praia do Caeiro (Samieira) quere que o Concello aclare o estado do proxecto e defina, dunha vez por todas, cal é a súa postura ao respecto.

mércores, xullo 25, 2012

Tres representantes dos veciños reuniranse co alcalde de Poio

Redacción Plataforma Non á Depuradora en Samieira | Samieira 25.07.2012

Os veciños de Samieira reunidos en asemblea decidimos as medidas que tomaremos nos vindeiros días ante o proxecto de construción da EDAR Poio-Sanxenxo en Samieira.

A plataforma contra a EDAR en Samieira inicia unha recollida de firmas

Os afectados celebraron unha asemblea na Casa do Pobo na que decidiron as medidas de presión que levarán a cabo

Redacción Diario de Pontevedra | Marina Abilleira, Poio 25.07.2012

Lonxe de perder fol, a plataforma constituída contra a construción dunha depuradora en Samieira continúa coas pilas cargadas e disposta a facerse ouvir para que as administracións anulen o proxecto.

martes, xullo 24, 2012

Os antidepuradora combaten en Facebook

A plataforma contra a construción dunha EDAR en O Caeiro recorre á creatividade e deseñou varios carteis que difunde na rede

Redacción Diario de Pontevedra | Marina Abilleira, Poio 24.07.2012

Podería ser un concurso de carteis enxeñosos, pero o certo é que o que empuxa aos seus creadores é un motivo moito máis serio. O obxectivo é impedir que Augas de Galicia constrúa unha Estación Depuradora de Augas Residuais (EDAR) na parroquia de Samieira e, con esta finalidade, un grupo de veciños ha constituído unha plataforma e iniciado unha campaña na que prima a creatividade.

luns, xullo 23, 2012

Convocatoria de asemblea veciñal contra o proxecto da EDAR en Samieira

Redacción Plataforma Non á Depuradora en Samieira | Samieira 23.07.2012

Un grupo de veciños estivo traballando hoxe recollendo firmas polo pobo. En poucas horas máis de 100 persoas asinaron en contra da localización proposta para a nova Estación Depuradora de Augas Residurales (E.D.A.R) de Poio-Sanxenxo en SAMIEIRA. Quédanos, no entanto, moito por facer.