O PP local convoca un foro coa EDAR como asunto central
Publicado por Plataforma Veciñal de Samieira o luns, setembro 29, 2014
Están convidados ao debate membros da Xunta e representantes de confrarías » Será hoxe ás 18.00 horas en Combarro
Redacción Faro de Vigo | A.D., Poio 29.09.2014
O Partido Popular de Poio convocou un foro-debate esta tarde ás 18.00 horas no restaurante Nova Parada de Combarro ao que está convidado o presidente de Augas de Galicia, a xefa territorial da Consellería de Sanidade, o xefe territorial da Xunta, a directora do Instituto Tecnolóxico para o Control do Medio Mariño e representantes de comunidades de veciños e confrarías do municipio.
O obxectivo é debater acerca das posibles localizacións da depuradora, partindo da premisa de que o grupo popular municipal sitúase en contra de colocala en Samieira.
Angel Moldes considera "unha necesidade" esta estación depuradora por diversos motivos entre os que falou sobre todo do sector marisqueiro e o turístico.
Actualmente o proxecto atópase parado nun momento no que a Xunta di que o Concello debe pór uns terreos a disposición para comezar o proxecto, e o Concello pola súa banda afirma que eses terreos xa se compraron hai anos na zona da Granxa, unha localización que foi rexeitada pola Xunta e que desde o concello seguen defendendo.
A opción que propón o goberno autonómico, nas proximidades da praia de O Laño, tampouco convence a ninguén na localidade.
As augas fecais da parroquia de Raxó e parte da de Samieira, ao non existir depuradora, están vertendo directamente ao mar a través dun emisario submarino que verte os restos na propia ría de Pontevedra sen depuración de ningún tipo.
Fonte: Xornal Faro de Vigo. Artigo orixinal: O PP local convoca un foro coa EDAR como asunto central