Un foro para buscar unha saída de consenso á depuradora
Publicado por Plataforma Veciñal de Samieira o martes, setembro 30, 2014
Redacción Faro de Vigo | Redacción, Poio 30.09.2014
O foro debate sobre a EDAR contou cun importante número de participantes ademais dos xestores e políticos. Unhas 60 persoas achegáronse até o evento e terminaron achegando posturas para formar un grupo que acuda ao Concello a tratar o problema co alcalde.
O portavoz do PP de Poio, Angel Moldes insistiu neste encontro en que "hai que sacar o asunto da depuradora do debate político e pornos de acordo todas as partes para atopar unha localización a través dun acordo conxunto".
Descartada a localización de Pampaido polo goberno autonómico, e a de O Laño polo municipal, e os propios veciños, a situación convida a que todos os axentes sociais do municipio busquen unha solución a este problema.
A postura da Xunta de Galicia continúa sendo a mesma, insta o Goberno local a atopar unha localización para iniciar a construción canto antes e comprométese en que a estación en ningún caso será "da estrada cara abaixo", polo que a futura depuradora estaría situada nun lugar máis elevado.
Actualmente as augas residuais de Raxó e Samieira vértense a "caño libre" no medio da ría a través dun emisario submarino sen que estean depuradas previamente de ningún xeito.
Fonte: Xornal Faro de Vigo. Artigo orixinal: Un foro para buscar unha saída de consenso á depuradora