Catalina González rexeita reunirse con Sobral pola depuradora de Raxó: "É un problema de Poio"

Publicado por Plataforma Veciñal de Samieira o mércores, outubro 29, 2014
Redacción Pontevedra Viva | Redacción, Pontevedra 29.10.2014

A alcaldesa de Sanxenxo, Catalina González, rexeitou o ofrecemento do goberno municipal de Poio para buscar unha saída negociada á situación da depuradora que precisa o municipio veciño.

Catalina González considera que o problema da localización desa infraestrutura lle corresponde asumilo ao seu homólogo poiense "xa que non é de recibo que teñamos que ser os veciños de Sanxenxo os que lles solucionemos os problemas aos de Poio".

Ofreceu, iso si, a súa total colaboración ao concello limítrofe para calquera cuestión, pero "neste tema xa deixamos claro nos últimos anos cal é o noso parecer, totalmente contrario a que a EDAR que necesita Poio estea situada en Sanxenxo".

Á súa vez, a alcaldesa púxose a disposición dos colectivos implicados na xestión e explotación da ría para explicarlles de primeira man a postura defendida polo goberno municipal de Sanxenxo e os antecedentes desta situación.

Fonte: Xornal Dixital Pontevedra Viva. Artigo orixinal:  'Catalina González rexeita reunirse con Sobral pola depuradora de Raxó: "É un problema de Poio"'.