A Xunta descarta a localización de Pampaído para a depuradora de Poio
Publicado por Plataforma Veciñal de Samieira o sábado, novembro 08, 2014
O encontro entre o Concello e Augas de Galicia péchase sen un acordo sobre onde se situará a Edar » O goberno local propón Camiño Real a pesar do impacto económico
Redacción Faro de Vigo | David Guimarey, Poio 08.11.2014
A construción da depuradora en Pampaído, no municipio de Sanxenxo, está descartada pola Xunta. Así o comunicaron o goberno local tras a reunión mantida onte co director de Augas de Galicia, Gonzalo Mosquera, na que se pretendía achegar posturas para tratar de resolver a localización da Edar.
Desde o organismo dependente de Medio Ambiente asegurouse que se prestará especial atención á integración paisaxística de forma que cause o menor impacto visual" e reiterou o seu "compromiso para estudar calquera proposta razoable que presente o Concello". Ambas as partes recoñecen a urxencia de realizar a instalación e mesmo existe o financiamento necesario para realizar a obra pero segue sen resolverse o lugar onde se fará.
A proposta do Concello de situalo na zona do Camiño Real non convence polo incremento do gasto de xestión que suporía. O goberno local reunirase cos colectivos para tomar medidas.
"A reunión foi bastante longa pero non hai avances: nós mantemos que se respecte o proxecto inicial aprobado pola Xunta en 2003 e eles dinnos que temos que resolver o noso problema", explicaba o alcalde de Poio, Luciano Sobral. A tenente alcalde, Chelo Besada mantiña que desde Augas de Galicia "non se deu unha resposta técnica" de por que se descartaba Pampaído para instalar a depuradora. "Supomos que se debe ao rexeitamento social que hai en Sanxenxo a pór a Edar aí, pero tamén no seu día descartouse poñela en Samieira tamén polas presións, de modo que a reunión non serviu de moito", afirmaba Besada.
O alcalde mantivo que o Plan Sectorial de 1985 e ratificado en 2003 pola Xunta que proxectaba a depuradora en Pampaído "non é unha invención nin un capricho do Concello senón que os técnicos situárono aí porque era a mellor opción".
O primeiro edil recoñecía a negativa da alcaldesa de Sanxenxo a recibirlles para abrir un diálogo, polo que o goberno de Poio espera decidir nunha asemblea con representación dos colectivos marisqueiros, pesqueiros, veciñais e da Plataforma Plataforma NON! á Depuradora en Samieira as medidas que exporán para solucionar a localización da depuradora.
E é que na reunión mantida onte xa se falaron de posibles alternativas. O Concello propuxo a zona do Camiño Real, a unha cota de 50 metros por encima do nivel do mar, na marxe da PO-308 máis afastado da costa. A posición non convence aos técnicos de Augas de Galicia debido ao incremento económico que suporía o gasto de bombeo. Sería un gasto de xestión que podería repercutir entre un 50 e un 60% de incremento nas facturas que terían que abonar os veciños con respecto a se a Edar estivese a nivel do mar.
Outra restrición á localización da depuradora sería "que estivese demasiado preto do fondo da ría", segundo indicaba Sobral. "Obrigaría a ter que facer un emisario máis longo que saque os restos a mar aberto, ou polo menos, nunha zona onde exista máis correntes que nesa parte da ría", explicaba o rexedor poiense.
Financiamento 2015-2020
Tan só as restricións serían de carácter xeográfico. Desde o punto de vista económico, ambas as partes mantiveron que exiten fondos europeos para o 2015-2020 que financiaría a obra. Ademais, a Xunta tamén achegaría unha parte. Dentro das actuacións, tamén se esperan melloras na Edar de Praceres co obxectivo de reducir a contaminación da ría.
Fonte: Xornal Faro de Vigo. Artigo orixinal: A Xunta descarta a localización de Pampaído para a depuradora de Poio

Categorías: Comunicados Concello Poio, Reunións