A Consellería de Medio Ambiente reitera o seu compromiso de executar a depuradora de Poio unha vez que o Concello decida a súa situación

Publicado por Plataforma Veciñal de Samieira o venres, novembro 07, 2014

Mosquera reiterou a colaboración de Augas de Galicia para estudar calquera proposta razoable que presente o Concello

O director de Augas de Galicia asegurou que se prestará especial atención á integración paisaxística da depuradora de forma que cause o menor impacto visual posible

Comunicado de Prensa Xunta de Galicia | Santiago 07.11.2014

O director de Augas de Galicia, Gonzalo Mosquera, mantivo hoxe unha reunión co alcalde da localidade pontevedresa de Poio, Luciano Sobral, na que lle transmitiu a máxima colaboración do Goberno galego para executar a futura Estación Depuradora de Augas Residuais (EDAR), que tratará parte das augas residuais desta vila.

Gonzalo Mosquera lembrou que para levar a cabo esta infraestruturas é necesario que o Concello diga ónde quere situar a depuradora, para que, posteriormente, o Executivo autonómico poida realizar esta necesaria instalación.

Mosquera reiterou o compromiso de colaboración de Augas de Galicia para estudar calquera proposta razoable que presente o Concello e, tamén, se comprometeu a que, independente do emprazamento, o deseño da nova EDAR sexa a mellor solución posible desde o punto de vista técnico e medioambiental.

Así mesmo, o director de Augas de Galicia asegurou que se prestará especial atención á integración paisaxística da Estación Depuradora de Augas Residuais de forma que cause o menor impacto visual posible.

Fonte: Xunta de Galicia: A Consellería de Medio Ambiente reitera o seu compromiso de executar a depuradora de Poio unha vez que o Concello decida a súa situación
Categorías: