Bruxelas denuncia a España polo deficiente tratamento das augas residuais na zona de Pontevedra
Publicado por Plataforma Veciñal de Samieira o mércores, novembro 26, 2014
Redacción Diario de Pontevedra | Pontevedra, 26.11.2014
A Comisión Europea (CE) levará a España ante a xustiza europea por non garantir un tratamento adecuado das augas residuais en municipios de Cataluña, Galicia e Andalucía, segundo anunciou este mércores o Executivo comunitario. Esas deficiencias, di a Comisión Europea, representan un risco para a saúde pública, os ríos e o medio mariño.
"España quedouse atrás na aplicación do marco legal (da UE), pois os informes das autoridades españolas mostran que aínda non existe tratamento adecuado" das augas residuais en lugares como Berga, Figueres ou Bañolas (Cataluña) nin en Pontevedra, Marín, Poio ou Bueu (Galicia), precisou a Comisión Europea nun comunicado. No caso de Bollullos Par del Condado (Andalucía) e as catalás Abrera e Capellades, a Comisión considerou que, ou ben os informes que se presentaron están incompletos, ou tampouco se cumpre a normativa da UE.
O Executivo comunitario lembrou que os Estados membros teñen a obrigación de adoptar sistemas adecuados de recollida e tratamento das augas residuais, xa que "as augas non tratadas representan un risco para a saúde humana, os ríos e o medio mariño".
Tamén destacou que España xa foi advertida por primeira vez en 2003 sobre este problema, que afecta a rexións de máis de 10.000 habitantes, e asegurou que as autoridades españolas progresan a un ritmo demasiado lento neste ámbito.
Por iso, a Comisión Europea decidiu remitir o caso ao Tribunal de Xustiza da UE por recomendación do comisario europeo de Medio Ambiente, Asuntos Marítimos e Pesca, Karmenu Vella, explicou no comunicado.
A Directiva Europea de Tratamento de Augas Residuais insta os países membros a garantir que as súas cidades e municipios aplican un tratamento adecuado das súas augas residuais, pois "a auga que non se trata pode estar contaminada con bacterias ou virus daniños e representar un risco para a saúde pública".
Estas augas ademais conteñen nutrientes como o nitróxeno e o fósforo, que poden danar tanto os ríos e o medio mariño como a flora e fauna que alí habita.
Fonte: Xornal Diario de Pontevedra. Artigo orixinal: Bruxelas denuncia a España polo deficiente tratamento das augas residuais na zona de Pontevedra