Amosando publicacións coa etiqueta Denuncias. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Denuncias. Amosar todas as publicacións

domingo, novembro 30, 2014

O Ministerio de Medio Ambiente negocia coa Comisión Europea para ´evitar a imposición de sancións e multas´

Redacción Faro de Vigo | Pontevedra 30.11.2014

O Ministerio de Medio Ambiente, ao que lle corresponde facer fronte ás denuncias da Unión Europea, xa que se formulan contra o estado membro e non contra unha comunidade autónoma ou un municipio, destacou que o principal problema en materia de verteduras da ría de Pontevedra está na depuradora de Praceres, que debe ser ampliada pola Xunta, aínda que tamén incide na necesidade de "optimizar o funcionamento da rede de saneamento da aglomeración Pontevedra-Marín-Poio-Bueu, en especial para controlar os caudais afluentes a esta planta en tempo de choiva".

O PSOE leva ao Parlamento o prazo de 2015 para sanear a ría

Redacción Faro de Vigo | Pontevedra 30.11.2014

A portavoz de Medio Ambiente do PSOE no Parlamento autonómico, a pontevedresa Patricia Vilán, xa trasladou a denuncia da Comisión Europea á Cámara galega, co fin de que a Xunta comprométase a completar o saneamento integral da ría ao longo de 2015. Os socialistas aseguran que no ano 2009 "todas as depuradoras planificadas en Galicia estaban licitadas, salvo dúas", unha delas a de Poio, que entón tamén incluía a unha parte de Sanxenxo, polo que se apuntaba a súa localización neste último municipio. "Desgraciadamente -engade o PSOE- a Xunta paralizou aquelas actuacións" e "estes incumprimentos" derivan en novas denuncias europeas. Cinco anos despois, a depuradora de Poio, rexeitada en Sanxenxo, carece aínda de emprazamento.

venres, novembro 28, 2014

O Goberno pontevedrés urxe a mellora da depuradora de Praceres para pór freo ás verteduras á ría

O Ministerio de Medio Ambiente considera que "é necesario ampliar e reformar" a planta, así como "optimizar a rede de saneamento" » Pontevedra, Poio e Marín coinciden en pedir a remodelación do recinto

Redacción Faro de Vigo | Marcos Quintas, Pontevedra 28.11.2014

O Goberno central descarga na Xunta toda responsabilidade sobre o estado que presenta a ría de Pontevedra...

Duras críticas desde Pontevedra e Poio e Marín rebaixa o ton

Redacción Faro de Vigo | Marcos Quintas, Morrazo 28.11.2014

Os representantes de Pontevedra e Poio son os que presentan unha actitude máis crítica cara á Xunta. Aplauden que a Unión Europea haxa intervido para obrigar ao cumprimento da correspondente normativa comunitaria. O edil de Medio Ambiente da cidade do Lérez, Raimundo González, celebra que a Comisión "tome cartas no asunto" e subliña que o saneamento na ría é unha competencia "exclusiva" da Xunta. Considera que habería diversos factores que estarían a influír, como "concellos que verten directamente" á ría. Pero ve na depuradora de Praceres una das principais causas do problema. González tamén vincula en certo xeito a Ence e os seus acordos coa Administración autonómica. "Co que a Xunta tería que cobrar á empresa polo canon da auga, daría dabondo para ter a ría inmaculada, como os chorros do ouro", indica.

xoves, novembro 27, 2014

A Xunta avoga por mellorar a planta de Praceres e executar a pendente en Poio

Posibles sancións ao Estado por incumprir a normativa comunitaria » A Xunta reclama "diálogo" entre administracións e defende a súa "máxima disposición" para atallar os perigos que reproba Bruxelas » Di que son accións "prioritarias"

Redacción Faro de Vigo | Marcos Quintas, Pontevedra 27.11.2014

A Xunta de Galicia asegura que o seu "compromiso prioritario" para esta lexislatura é "lograr o saneamento das rías".

A UE denuncia a España por persistir as verteduras á ría con ´indubidable risco para a saúde pública´

Posibles sancións ao Estado por incumprir a normativa comunitaria » A Comisión Europea inicia un procedemento xudicial polo deficiente tratamento das augas residuais en Pontevedra, Poio, Marín e Bueu » O primeiro chamamento á procura de solucións produciuse hai 11 anos

Redacción Faro de Vigo | Marcos Quintas e David Guimarey, Pontevedra 27.11.2014

O deficiente tratamento das augas residuais en varias zonas do litoral español, entre elas catro municipios que verten á ría de Pontevedra, e o seu "indubidable risco para a saúde pública" levaron á Comisión Europea a denunciar ao Estado ante o Tribunal de Xustiza da Unión Europea.

mércores, novembro 26, 2014

Bruxelas denuncia a España polo deficiente tratamento das augas residuais na zona de Pontevedra

Redacción Diario de Pontevedra | Pontevedra, 26.11.2014

A Comisión Europea (CE) levará a España ante a xustiza europea por non garantir un tratamento adecuado das augas residuais en municipios de Cataluña, Galicia e Andalucía, segundo anunciou este mércores o Executivo comunitario. Esas deficiencias, di a Comisión Europea, representan un risco para a saúde pública, os ríos e o medio mariño.

Bruxelas leva a España aos tribunais polo deficiente tratamento das augas residuais na Ría de Pontevedra

Redacción Pontevedra Viva | Redacción, Pontevedra 26.11.2014

A Comisión Europea anunciou este mércores que denunciará a España ante os tribunais por non garantir que as augas residuais urbanas sexan tratadas correctamente en diversas zonas de Galicia, Andalucía e Cataluña, entre elas a Ría de Pontevedra. En concreto, polo risco que supón para a saúde pública o tratamento dado.