O BNG acusa a Moldes (PP) de «preocuparse máis de Sanxenxo que de Poio»
Publicado por Plataforma Veciñal de Samieira o sábado, novembro 22, 2014
Critica que «se descarte por motivos políticos» a localización da EDAR en Pampaído
Redacción Faro de Vigo | David Guimarey, Poio 22.11.2014
O BNG saíu ao paso das declaracións vertidas polo Partido Popular de Poio no que tachaba de "paripé" as reunións do goberno local cos colectivos e asociacións para resolver a localización da depuradora. Os nacionalistas defenden Pampaído como a situación "máis adecuada", critican que a Xunta o descarte "por motivos políticos" e acusan ao portavoz do PP poienses, Angel Moldes, de "preocuparse máis polo goberno de Sanxenxo que polos veciños de Poio".
Segundo o responsable local do BNG poiense, Xosé Luís Martínez, nun momento económico de crise, Pampaído reúne as condicións técnicas e económicas máis adecuadas para a localización da Edar, tal como está exposto desde a redacción do Plan Sectorial. "Calquera outra situación terá un custo máis elevado e non están os tempos para eses gastos polos caprichos dunha alcaldía gobernada polo PP (en relación ao goberno local de Sanxenxo)", apunta.
A xuízo do BNG, sería a Xunta e Augas de Galicia "os que están a tomar o pelo a Poio". Así, critican que o descarte de Pampaído débase a razóns políticas e non técnicas. Deste xeito, indica que cambiar o sistema de bombeo e redes de canles residuais suporía un custo duns 2 millóns de euros.
Engaden que é o propio Moldes o que estaría preocupado pola campaña electoral e "lamentan que o único aval co que se presentará é o de bloquear os tres proxectos prioritarios para Poio, como é o polígono de Fragamoreira, a mellora da PO-308 e a instalación da Edar. O propio Martínez lanzaba a Moldes a cuestión de onde pensaría el que é a mellor localización.
Fonte: Xornal Faro de Vigo. Artigo orixinal: O BNG acusa a Moldes de ´preocuparse máis de Sanxenxo que de Poio´

Categorías: Novas Prensa, Partidos políticos