O PP critica que Sobral manteña Pampaído como a mellor opción para a Edar
Publicado por Plataforma Veciñal de Samieira o venres, novembro 21, 2014
Os populares cualifican de "paripé" a intervención na reunión coa colectivos
Redacción Faro de Vigo | David Guimarey, Poio 21.11.2014
O PP de Poio critica duramente a xestión do alcalde de Poio, Luciano Sobral, en canto á xestión da procura dunha localización para a depuradora. En palabras do portavoz popular, Angel Moldes, o primeiro edil estar a "tomar o pelo a todos os veciños e colectivos cos que se reúne" e lamente que non vexa un problema socioeconómico "onde están en xogo os sectores estratéxicos para o municipio como o do mar ou o turismo".
Segundo Moldes, "propor como solución definitiva Pampaído é como dicir que non se vai a facer nada porque sabe que non é unha alternativa viable". Así, o portavoz popular pon como exemplo que Pontevedra propuxese como localización para a planta de compostaxe o Concello de Poio.
Segundo os populares, a reacción do alcalde de Poio, corresponde a motivos políticos. Opinan que a súa pretensión é "deixar pasar as eleccións sen que lle afecte" e "unha solución para a súa xubilación política".
Para Moldes, Sobral "fai un paripé cada vez que se reúne cos colectivos, con supostas comisións de traballo, pero é todo aparencia porque estamos no punto de partido de hai 20 anos". O portavoz incide en que non se trata dun problema político senón que afecta os veciños, pondo como exemplo ás 800 familias do municipio que traballan do mar e que "non poden permitirse que pechen ningunha zona da ría pola incapacidade do alcalde". Puxo como exemplo o conflito dos furanchos "dicíndolles o que quere ouvir", conclúe Moldes.
Fonte: Xornal Faro de Vigo. Artigo orixinal: O PP critica que Sobral manteña Pampaído como a mellor opción para a Edar

Categorías: Novas Prensa, Partidos políticos