O Concello reúnese hoxe con Augas de Galicia para falar sobre a futura depuradora
Publicado por Plataforma Veciñal de Samieira o venres, novembro 07, 2014
Redacción Faro de Vigo | D.Guimarey, Poio 07.11.2014
O goberno local manterá esta mañá unha reunión con Augas de Galicia co obxectivo de despexar as dúbidas relacionadas coa construción da futura depuradora de Poio.
Está previsto que no encontro tomen parte, ademais de representantes do departamento dependente da Consellería de Medio Ambiente, o alcalde, Luciano Sobral, o concelleiro de Urbanismo, Xulio Barreiro, e a tenente alcalde, Chelo Besada.
Os dirixentes municipais farán fincapé na necesidade de que se respecte o establecido no Plan Sectorial aprobado en 1985 e que foi ratificado en 2003", segundo avanzaba onte Sobral.
Deste xeito tratarán de defender que se manteña o acordo de que se faga unha única depuradora para os municipios de Poio e Sanxenxo, algo ao que se opón o goberno local sanxinés.
Pola súa banda, a Plataforma Non á Depuradora en Samieira mostrou o seu malestar polo "uso partidista" que, ao seu xuízo, está a realizarse deste problema. Desde o colectivo denuncian a falta de diálogo entre os alcaldes de Poio e Sanxenxo.
Fonte: Xornal Faro de Vigo. Artigo orixinal: O Concello reúnese hoxe con Augas de Galicia para falar sobre a futura depuradora

Categorías: Novas Prensa, Reunións