SAL defende o saneamento da Granxa sen Poio
Publicado por Plataforma Veciñal de Samieira o martes, novembro 25, 2014 con 0 comentarios
O partido da oposición (Concello de Sanxenxo) entende que hai que buscar solución para este lugar limítrofe entre os dous municipios
Redacción La Voz de Galicia | Sanxenxo, 25.11.2014
O portavoz de SAL, Gonzalo Pita, propuxo onte ao pleno de Sanxenxo unha moción que apoia a decisión do goberno local de rexeitar a localización dunha depuradora común con Poio no lugar sanxenxino de Pampaído. Pita resalta que o número de vivendas da Granxa que están afectadas por esta cuestión «é mínimo se o comparamos coas vivendas do concello veciño» e recalca que «corresponde ao rexedor de Poio e ao seu grupo de goberno arranxar este problema». Engadiu: «Sanxenxo ten 17.000 habitantes e dúas depuradoras, polo contrario, Poio ten 16.000 e ningunha depuradora propia». Ademais, o Plan de Urbanismo sanxenxino non prevé ningunha EDAR a curto prazo.
O líder independente resaltou que é necesario, con todo, buscar unha solución para A Granxa, e que esta pasa por resolver a polémica facilitando un saneamento a este lugar. Para SAL, a solución «cómoda, rápida e económica» pasa por non depender doutras Administracións. Desde o seu punto de vista, «poder facer bombeos en distintos puntos da Granxa de Abaixo, que dean saída cara a estrada PO-308, e desde este punto xa usaríanse as instalacións existentes para levar os residuos ata a depuradora de Paxariñas».
Por esta razón, Pita avoga porque se solicite aos técnicos municipais o estudo e valoración do estado do saneamento na Granxa de Abaixo e as súas posibles opcións técnicas de bombeo á PO-308. Ademais, aposta porque se contemple esta obra cunha partida específica no orzamento municipal.
Fonte: Xornal La Voz de Galicia. Artigo orixinal: SAL defende o saneamento da Granxa sen Poio

Categorías: Novas Prensa, Sanxenxo
0 comentarios:
Publicar un comentario