Amosando publicacións coa etiqueta Sanxenxo. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Sanxenxo. Amosar todas as publicacións

xoves, novembro 27, 2014

A Xunta asegura que o funcionamento das EDAR de Bueu e Sanxenxo figura como ´excelente´

Redacción Faro de Vigo | Marcos Quintas, Morrazo 27.11.2014

A Xunta de Galicia asegura que o seu "compromiso prioritario" para esta lexislatura é "lograr o saneamento das rías". Un anuncio que se subliña unha vez coñecida a denuncia presentada en Bruxelas contra España e ante a que se propón "diálogo" entre as administracións, ofrecendo a súa "máxima disposición" co fin de atallar este problema ambiental e de saúde pública. Centrándose en actuacións concretas anuncia un plan de optimización para a EDAR de Praceres até 2020 mentres urxe ao goberno local de Poio a localización para unha depuradora que tería que dar servizo a este municipio e tamén a parte de Sanxenxo.

martes, novembro 25, 2014

Veciños da Granxa denuncian o uso electoralista da depuradora

Redacción Faro de Vigo | Sanxenxo, 25.11.2014

Veciños da Granxa denunciaron o uso electoralista que os políticos lle están dando á localización da depuradora de Poio. "Só acórdanse de falar cos veciños á porta das campañas electorais e non se escoita a ninguén". A través dun comunicado, piden maior participación cos veciños á hora de contar coa súa opinión.

SAL defende o saneamento da Granxa sen Poio

O partido da oposición (Concello de Sanxenxo) entende que hai que buscar solución para este lugar limítrofe entre os dous municipios

Redacción La Voz de Galicia | Sanxenxo, 25.11.2014

O portavoz de SAL, Gonzalo Pita, propuxo onte ao pleno de Sanxenxo unha moción que apoia a decisión do goberno local de rexeitar a localización dunha depuradora común con Poio no lugar sanxenxino de Pampaído. Pita resalta que o número de vivendas da Granxa que están afectadas por esta cuestión «é mínimo se o comparamos coas vivendas do concello veciño» e recalca que «corresponde ao rexedor de Poio e ao seu grupo de goberno arranxar este problema». Engadiu: «Sanxenxo ten 17.000 habitantes e dúas depuradoras, polo contrario, Poio ten 16.000 e ningunha depuradora propia». Ademais, o Plan de Urbanismo sanxenxino non prevé ningunha EDAR a curto prazo.