Amosando publicacións coa etiqueta Apoios b>. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Apoios b>. Amosar todas as publicacións
mércores, novembro 21, 2012
Plataforma Veciñal de SamieiraApoios, Comunicados Concello Poio, Novas Prensa
Redacción Faro de Vigo | Carlos García, Pontevedra 21.11.2012
As 2.349 sinaturas recollidas polos veciños de Samieira mostrando o seu rexeitamento á posible localización dunha estación depuradora de augas residuais entre as praias do Caeiro e O Laño están xa en poder do Concello de Poio e a Xunta de Galicia, despois de que fosen entregadas onte polos afectados nos rexistros da administración autonómica e do concello.
martes, novembro 20, 2012
Plataforma Veciñal de SamieiraApoios, Novas Prensa
Samieira lembra con 2.349 sinaturas o seu ´non á depuradora´
Os veciños presentan hoxe as rubricas no Concello e a Xunta e esixen máis información sobre as localizacións alternativas
Redacción Faro de Vigo | Marcos Quintas, Pontevedra 20.11.2012
Os veciños de Samieira reafirman hoxe a súa negativa á construción da depuradora para lembrar ás administracións implicadas no proxecto tanto a súa rotunda oposición como a promesa de desterrar a idea e buscar localizacións alternativas. Para iso presentan un total de 2.349 firmas de apoio no rexistro municipal e tamén na sede da Xunta en Pontevedra. Ademais, confían en obter novas informacións sobre esa procura de novo emprazamento.
xoves, agosto 09, 2012
Plataforma Veciñal de SamieiraApoios, Novas Prensa
Os ecoloxistas apoian a mobilización da plataforma antidepuradora de Samieira
Nunha reunión explicaron á Asociación pola Defensa da Ría o problema que están a sufrir
Redacción Faro de Vigo | María Argibay, Pontevedra 09.08.2012
A Plataforma Non! á Depuradora en Samieira continúa buscando os apoios necesarios para tentar que a administración de marcha atrás e evitar así que se constrúa a Estación Depuradora de Augas Residuais (EDAR) entre as praias de Laño e O Caeiro.
O martes mantiveron unha reunión coa Asociación Pola Defensa da Ría (APDR) na que lles explicaron todos os pormenores que até o momento coñecen da posible instalación da depuradora na parroquia de Samieira. Tras coñecer os detalles, desde a APDR mostráronlles todo o seu apoio e comprometéronse a ofrecerlles a súa experiencia para axudarlles en todo o posible.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)




