O Concello non mostrará ningunha postura sobre a ubicación da depuradora «ata que non teñamos nada seguro» declara públicamente Luciano Sobral

Publicado por Plataforma Veciñal de Samieira o venres, xullo 27, 2012
Redacción Plataforma Non á Depuradora en Samieira | Poio 27.07.2012

En declaracións a Faro de Vigo o alcalde de Poio indica hoxe que o Concello non mostrará ningunha postura sobre o tema da depuradora "ata que non teñamos nada seguro".

Hoxe pola mañá, o alcalde reunirase con representantes de Augas de Galicia en Santiago de Compostela. A Plataforma veciñal pediu asistir ao encontro pero non participará.

"Despois de saber o que nos teñen que dicir" indicaba o alcalde a Faro de Vigo será cando o Concello mostre o seu punto de vista sobre a localización da depuradora.

Fonte: Xornal Faro de Vigo. Artigo orixinal:  Os veciños que se opoñen á depuradora en Samieira piden reunirse con Augas de Galicia