Os veciños que se opoñen á depuradora en Samieira piden reunirse con Augas de Galicia
Publicado por Plataforma Veciñal de Samieira o venres, xullo 27, 2012
Reclamaron ao goberno local que lles xestione hoxe unha entrevista
Redacción Faro de Vigo | María Argibay, Pontevedra 27.07.2012
O colectivo de veciños afectados pola construción da depuradora de augas residuais en Samieira mantivo onte unha reunión co alcalde de Poio, Luciano Sobral, na que mostraron o seu rexeitamento á localización da EDAR na súa parroquia. Segundo indicou Sobral, os veciños indicáronlle que non están dispostos a aceptar a construción da depuradora entre as praias do Laño e O Caeiro.
Pola súa banda, o alcalde indicou que o Concello non mostrará ningunha postura sobre o tema "ata que non teñamos nada seguro". Hoxe pola mañá, reunirase o alcalde de Poio con representantes de Augas de Galicia en Santiago de Compostela e será entón "despois de saber o que nos teñen que dicir" cando o Concello mostre o seu punto de vista sobre o cambio de localización da depuradora, que se traslada de Raxó a Samieira.
Os veciños afectados, tamén solicitaron ao Concello participar na reunión que hoxe se mantén en Santiago, ao que Sobral non puido acceder por tratarse dunha reunión entre dúas administracións.
Entón, os veciños solicitaron que o Concello lles xestione unha entrevista con Augas de Galicia para que tamén eles poidan coñecer en detalle o proxecto.
Por outra banda, hoxe os veciños de Samieira manterán unha nova reunión no local social de Río de Bois. Será ás 21.00 e realizaron carteis para que asistan todos os interesados.
Fonte: Xornal Faro de Vigo. Artigo orixinal: Os veciños que se opoñen á depuradora en Samieira piden reunirse con Augas de Galicia

Categorías: Asembleas, Novas Prensa