Amosando publicacións coa etiqueta Asembleas. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Asembleas. Amosar todas as publicacións

domingo, agosto 04, 2013

Samieira mantén a súa ´inquietude´ ante a falta de alternativas para a depuradora

Plataforma e veciños urxen ao goberno local, tras prometer que non se faría na parroquia, unha nova localización - Lamentan que non hai avances desde o verán pasado

Redacción Faro de Vigo | Marcos Quintas, Pontevedra 04.08.2013

Os veciños de Samieira reclaman ao goberno local que desvele "dunha vez" cal será a localización da depuradora cando se cumpre un ano tras a promesa de que finalmente non se faría na parroquia. A última asemblea constatou de novo o rexeitamento e polémica que aínda xera o proxecto a pesar dese compromiso. "Mentres non se diga cal é a alternativa, Samieira será a única opción coñecida e iso séguenos xerando inquietude", denuncian desde a plataforma na que levan anos presionando para evitar a actuación.

Samieira estará inqueda ata que non se coñeza a situación alternativa á depuradora

Redacción Pontevedra Viva | Óskar Viéitez, Pontevedra 04.08.2013

Os veciños de Samieira seguen inquedos, así manifestárono na súa última asemblea na que reclamaron o goberno local que desvele "dunha vez" cal será a situación da depuradora.

xoves, agosto 01, 2013

Samieira retoma o seu rexeitamento a unha depuradora na parroquia

Redacción Faro de Vigo | Pontevedra 01.08.2013

Samieira retoma mañá venres a súa campaña de rexeitamento a unha posible depuradora na parroquia, "ao cumprirse un ano sen solucións á demanda veciñal de levar a planta a un lugar adecuado desde un punto de vista social e ambiental".

xoves, agosto 23, 2012

O Concello non presentará alternativas á instalación da depuradora en Samieira

O goberno local considera que a Xunta e Sanxenxo deben involucrarse na procura de solucións

Redacción Faro de Vigo | María Argibay, Pontevedra 23.08.2012

O Concello de Poio non ten previsto presentar ningunha alternativa á instalación da depuradora en Samieira. Así o confirmou onte o alcalde da localidade, Luciano Sobral, quen indicou que desde o Consistorio non presentarán ningunha proposta nin ante a reunión veciñal que se celebrará o venres 31 de agosto en Río de Bois nin tampouco na reunión que está prevista con Augas de Galicia a mediados do mes de setembro. O alcalde explicaba que desde o Concello están "abertos a buscar solucións", pero sempre que se conta coa implicación da Xunta de Galicia e o Concello de Sanxenxo. Sobral entende que o problema do saneamento da ría non corresponde unicamente ao Concello de Poio. "Queremos unha depuradora para Poio e queremos que se complete o ciclo do saneamento da ría, pero a futura solución contempla o involucramiento do tres administracións", recalca Sobral.

venres, xullo 27, 2012

Os veciños que se opoñen á depuradora en Samieira piden reunirse con Augas de Galicia

Reclamaron ao goberno local que lles xestione hoxe unha entrevista

Redacción Faro de Vigo | María Argibay, Pontevedra 27.07.2012

O colectivo de veciños afectados pola construción da depuradora de augas residuais en Samieira mantivo onte unha reunión co alcalde de Poio, Luciano Sobral, na que mostraron o seu rexeitamento á localización da EDAR na súa parroquia. Segundo indicou Sobral, os veciños indicáronlle que non están dispostos a aceptar a construción da depuradora entre as praias do Laño e O Caeiro.