A Xunta descarta situar en Samiera unha depuradora "socialmente inviable"
Publicado por Plataforma Veciñal de Samieira o venres, setembro 07, 2012
Medio Ambiente empraza ao Concello de Poio a buscar unha alternativa viable económica e tecnicamente
Redacción La Voz de Galicia | Alfredo López Penide, Pontevedra 07.09.2012
A Consellería de Medio Ambiente descartou situar unha depuradora na contorna da praia do Laño, en Samieira (Poio), un proxecto que os veciños non dubidan en cualificar de "socialmente inviable".
A decisión foi comunicada esta mañá no trascurso dunha reunión, na que o director de Augas de Galicia, Francisco Menéndez, avogou polo consenso para atopar unha alternativa a este emprazamento. Advertiu, neste sentido, que, de non atoparse, "podería perderse a posibilidade de financiamento das obras con fondos europeos".
Non é a única consecuencia que podería ter a carencia dunha EDAR. Así, se seguen existindo vertidos no futuro poderíanse chegar a incumprir directrices europeas en materia de saneamento, co que o Concello de Poio podería verse abocado a sancións económicas.
Engadiron que o emprazamento alternativo a Samieira debe ser "razoable dende o punto de vista económico e factible dende o punto de vista técnico".
En canto á posibilidade defendida polo goberno local de Poio de construír a depuradora na contorna de Pampaído, Medio Ambiente sostén que xa foi algo descartado polo bipartito por non ser viable.
Tras coñecer a decisión, a plataforma Non á depuradora en Samiera celebrou este compromiso, pero asumiuno con cautela debido á proximidade das eleccións autonómicas e ao feito de que non se presentou, polo momento, ningunha alternativa factible.
Fonte: Xornal La Voz de Galicia. Artigo orixinal: A Xunta descarta situar en Samiera unha depuradora "socialmente inviable"

Categorías: Novas Prensa