Nova asemblea veciñal para seguir loitando contra a depuradora en Samieira

Publicado por Plataforma Veciñal de Samieira o mércores, agosto 08, 2012
Redacción Diario de Pontevedra | Angela Muñiz, Poio 03.08.2012

A Casa do Pobo de Río de Bois acolle hoxe unha nova asemblea veciñal para, dunha forma consensuada entre todos os veciños, establecer "a liña que imos seguir" para loitar contra a decisión de Augas de Galicia de situar a depuradora en Samieira, na contorna das praias do Caeiro e O Laño.