Ángeles Feijóo (xefa territorial de Sanidade): «Saber de onde procede a contaminación é competencia do Concello»

Publicado por Plataforma Veciñal de Samieira o xoves, xullo 31, 2014
Redacción Diario de Pontevedra | Redacción, Poio 31.07.2014

A xefa territorial da Consellería de Sanidade en Pontevedra, Angeles Feijóo-Montenegro Fernández, explicou onte que a praia do Laño debe manter o cartel coa recomendación de non bañarse durante toda a tempada porque así o dita a normativa europea e estatal.