Poio constitúe a comisión de traballo para afrontar a localización da depuradora e a defensa ambiental da ría
Publicado por Plataforma Veciñal de Samieira o xoves, decembro 04, 2014
O grupo reducido de representantes buscarán entrevistarse coa conselleira de Medio Ambiente
Redacción Faro de Vigo | David Guimarey, Poio 04.12.2014
Poio deu un paso máis para tratar de resolver o problema da localización da depuradora e, especialmente, de liquidar o problema da contaminación da ría de Pontevedra. Na reunión mantida onte constituíuse a comisión de traballo para afrontar esta problemática e estableceuse o seu primeiro labor: entrevistarse coa consellería de Medio Ambiente co obxectivo de que a Xunta realice un estudo ou indique as condicións nas que debe estar situada a depuradora e pedirlle que se poña en marcha un plan integral á ría.
O equipo no que recae a responsabilidade a nivel local está integrado por César Rodríguez, María del Carmen Vázquez e Marcos Ruibal, en representación das confrarías de San Telmo, Lourizán e Raxó, respectivamente; Andrés Ruano en representación dos mexilloeiros e hostaleiros de Raxó; Cristina Esperón, secretaria da Asociación de Hostaleiros; os presidentes dos comuneiros de Combarro e Samieira, Claudio Quintillán e Celestino Pérez, respectivamente; Beatriz Prieto, da Plataforma NON! á Depuradora en Samieira; Anxo Piñeiro da asociación Boureante; Ramón García Lozano de Armadiña; Carme Portela de SCD Raxó; e Manuel Sartal de SCD Samieira, ademais do tres portavoces dos grupos políticos: Luciano Sobral (BNG), Chelo Besada (PSOE) e Angel Moldes (PP). Trátase dun equipo provisional e aberto a ser completado por outros compoñentes.
Unha das cuestións que pretenden defender é o estudo para realizar unha actuación en toda a ría, pois achacan a que o problema da contaminación é polo mal funcionamento da Edar de Praceres e non unicamente pola vertedura de Samieira e Raxó.
Fonte: Xornal Faro de Vigo. Artigo orixinal: Poio constitúe a comisión de traballo para afrontar a localización da depuradora e a defensa ambiental da ría