Convocatoria de asemblea veciñal contra o proxecto da EDAR en Samieira

Publicado por Plataforma Veciñal de Samieira o luns, xullo 23, 2012
Redacción Plataforma Non á Depuradora en Samieira | Samieira 23.07.2012

Un grupo de veciños estivo traballando hoxe recollendo firmas polo pobo. En poucas horas máis de 100 persoas asinaron en contra da localización proposta para a nova Estación Depuradora de Augas Residurales (E.D.A.R) de Poio-Sanxenxo en SAMIEIRA. Quédanos, no entanto, moito por facer.

Cremos que é hora de que volva o sentido común. Chegou o momento de facer ver ás administracións que teñen motivos máis que suficientes para buscar ALTERNATIVAS. É hora de presionar para que se reformule este proxecto; de pedir que sexa menos prexudicial para o lugar onde se emprace e de facer ver que o primeiro é o benestar das persoas.

Imos unir as nosas forzas, a buscar a implicación directa de moita máis xente, para dicir claramente que NON ESTAMOS DE ACORDO CON ESTA IDEA IRRESPONSABLE. Todos os que a rexeitamos reunirémonos en asemblea veciñal MAÑÁ día 24 de xullo de 2012 na Casa do Pobo, en Río de Bois, a partir das 21:00 h. É hora de aumentar e estender a presión e a mobilización.

Sabedes, pola prensa, que a depuradora está en trámite de estudo de impacto ambiental, o que significa, tendo en conta o atraso co que se tratan os asuntos na administración, que o proxecto leva meses en tramitación. Entendedes que estamos a falar dunha actividade cuxo dano é de carácter severo e irrecuperable. Se permitimos a súa materialización terá un impacto irreversible sobre a nosa contorna, as nosas familias e o noso futuro.

Este macabro plan prexudícanos seriamente, por iso debemos estar TODOS. Todos XUNTOS, todos UNIDOS nunha fronte común: CONSEGUIR QUE ESTE PROXECTO QUE AMEAZA o noso POBO SEXA REVOGADO.

O POBO SOMOS TODOS!
CANTOS MÁIS SEXAMOS MÁIS FORZA TEREMOS!
NON! Á DEPURADORA EN SAMIEIRA!