Xosé Luís Martínez (BNG): «Dar carpetazo, en principio, á localización de Samieira» ten como principal obxectivo «gañar tempo até pasadas as eleccións de outubro»

Publicado por Plataforma Veciñal de Samieira o sábado, setembro 08, 2012
Redacción Plataforma Non á Depuradora en Samieira | Poio 05.12.2012

O concelleiro Xosé Luís Martínez Blanco acudiu en representación do goberno municipal á reunión celebrada onte cos técnicos de Augas de Galicia. O rexeitamento da proposta de localización da EDAR entre as praias do Caeiro e o Laño deixaba este valoración do edil local reflectida no xornal Faro de Vigo: "dar carpetazo, en principio, á localización de Samieira" ten como principal obxectivo "gañar tempo até pasadas as eleccións de outubro".

Rexeitar esta localización é preservar unha contorna de grande valor social, turístico, económico, ecóloxico e paisaxístico do Concello de Poio pero moita alegría non parece que haxa no goberno municipal.